Eis a referencia ao programa do PP: http://www.ppdegalicia.com/pdfs/programa_PPdeG.pdf
Alguén pode dar a ligazón a ese "conxunto de medidas que conforman a política tecnolóxica da Xunta ata o ano 2010" aprobado no consello de 09/07? Graciñas, Manuel 2009/7/13 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com> > Como concordo con todo e a acho moi ben escrita, coa venia e se non houber > inconveniente, fago miña esta carta e vouna reenviar aos mesmos > destinatarios, con copia oculta a todos os meus contactos galegos ou > residentes na Galiza. > Grazas, Marce. > > Saúde, > > -- > Manuel Souto Pico > Linguistic Services (en/fr/pt/ca > gl/es) > Tel. +34 686.846.554 > m.soutopico en gmail.com > http://www.msoutopico.es/ > > > 2009/7/12 marce <mvillarino en gmail.com> > > Prezados responsábeis da política tecnolóxica da Xunta: >> >> O Goberno galego aprobou no seu Consello do pasado 9 de xullo un conxunto >> de >> medidas que conforman a política tecnolóxica da Xunta ata o ano 2010. Para >> a >> miña sorpresa, comprobo que neste plan non aparece referenciada ningunha >> iniciativa de promoción do software libre ou de continuidade das >> existentes >> (como as Oficinas de Software Libre Universitarias ou Mancomún) nin >> tampouco >> compromiso algún para implantar estándares abertos na administración >> electrónica da Xunta. >> >> O uso de software libre na Xunta suporía aforrar millóns de euros que >> actualmente se gastan en licenzas para usar programas que poderían ser >> substituídos polos seus equivalentes libres e gratuítos, igual que fixeron >> outras administracións públicas de toda Europa. A este respecto debo >> lembrarlle que durante a pasada campaña electoral o Partido Popular que >> actualmente goberna na Xunta prometeu literalmente: >> >> «Impulso da implantación de software libre e uso de estándares abertos na >> Administración Autonómica, compartindo e reutilizando o software que fose >> creado con diñeiro público, sen posicións dogmáticas fronte a catro anos >> de >> bipartito de impulso teórico e enchido de adxudicacións de software >> privativo» >> >> Como cidadán consciente da transcendencia que teñen as novas tecnoloxías >> da >> información e da comunicación para o futuro deste pais e o da súa lingua, >> quero manifestarlle a miña fonda preocupación pola ausencia total de >> compromiso neste sentido que está manifestando o actual goberno coas >> tecnoloxías libres, identificadas pola Comisión Europea como únicos >> garantes de >> interoperabilidade así como polo Goberno do Estado español. Galiza non >> pode >> quedar illada das autopistas internacionais da información e o software >> libre >> pode contribuír manternos conectados. >> >> Como poderá comprobar, son moitas as persoas que comparten comigo estas >> preocupacións que están levantando unha considerábel alarma social posto >> que >> afectan a proxectos da Xunta que teñen unha grande aceptación. Por este >> motivo >> considero conveniente e necesario que se posicione vostede con urxencia >> publicamente para aclarar o futuro de Mancomún así como o resto das >> iniciativas de promoción do software libre existentes. >> >> Finalmente, quero convidalo a potenciar as positivas actividades do Centro >> de >> Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún) posto que grazas a esa >> iniciativa dispoñemos hoxe en día no noso idioma dos programas >> informáticos >> máis populares como o navegador Firefox ou a ofimática OpenOffice. >> >> Sen máis, despídese atentamente. >> Marcelino Villarino Aguiar >> _______________________________________________ >> G11n mailing list >> G11n en mancomun.org >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n >> > > ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090713/2da37327/attachment.htm