> Ademais falando de integración, esquecín dicir que en KDE dá igual os > programas por defecto que teñas que FF úsache Nautilus, Brasero, totem, > deluge... para abrir as cousas, e de que eu sepa non hai xeito posible de > establecer que programas queres usar. Disto xa hai bug abertos (irresolutos). > E q a min todo isto sóname a 'bias', a preferencia.
A min tócame bastante o carallo que cando lle dou a baixar un ficheiro cun formato para o que o Firefox non ten asignado un programa ou ten un que non me interesa, se lle quero especificar o MEU programa teño que buscar o executable a pelo no sistema de ficheiros. Xa non é que lle pida que me mostre a lista de programas do Gnome nin outras cousas polo visto moi avanzadas, senón que nin sequera me abre o choio para que busque onde todo o mundo sabe que están os executables, senón noutro directorio que non ven a conto. Ata logo, Leandro Regueiro