> Eu non estou moi posto no mundo da tradución como xa vos dixen no segundo 
> encontro do g11n pero ultimamente estou a mirar cousas e estoume a pelexar 
> coas ferramentas que hai e o outro día buscando atopei unha nova que non vos 
> tiña escoitado antes(ou eso creo).
>
> A ferramenta en cuestión chamase ou vaise chamar, porque polo de agora so hai 
> unha definición de requerimentos e o deseño dunha arquitectura  para a súa 
> futura implementación: OpenTMS (http://www.opentms.de/index.php)
>
> Polo que puiden ler, hai un consorcio, chamado FOLT - Forum Open Language 
> Tools (http://www.folt.org/), que está composto basicamente  por empresas 
> alemanas anque está aberto a outras e que pretende unificar esforzos e 
> definir un marco de traballo ou algo por estilo.
>
> Mirando a especificación da arquitectura, con Fran, parece que ten boa pinta. 
> Tamén me pareceu ler que teñen pensado sacar o primeiro desenvolvemento para 
> o verán, polo que haberá que esperar, pero podería ser unha solución aos 
> problemas que teñen as que coñecedes.


Moi interesante. É unha mágoa que non entenda o alemán, seguro que na
presentación tiñan algo interesante.

Por certo, agora que saiu o dos prazos, a ferramenta para terminoloxia
á que lle tiñamos botado o ollo, o globs, está sendo rescrita en perl,
así que a data inicial de remate para febreiro non se vai cumprir.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a