Coma xa collín por costume, mándovos un recordatorio de que hoxe saíu liberada 
a nova versión de KDE 4.2 (hai escasamente unhas  horas) e de que se 
agradecería unha nova en Mancomun.org:

http://www.kde.org/announcements/4.2/guide.php
http://www.kde.org/announcements/4.2/

En canto á l10n; 20 idiomas sobrepasan o 80%, o cal é un verdadeiro éxito. 
http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/toplist/

e se non me fallan as contas 53 idiomas traduciron os paquetes esencias, o cal 
é motivo de admiración. Isto supón cubrir, como dixen na akademy-es 08, coma 
700mill de persoas deste planeta na súa lingua nativa!!. Por certo, moitos 
destes idiomas son da rexión da India e do arquipélago Indonesio.

Evidentemente o galego está ó 100% ;) grazas a eminentes trasnos coma Marce 
Villarino, quen se adicou a... todo, coordinar e traducir e tamén corrixir; a 
Xosé quen fixo moito da documentación, e máis, modestamente, eu. Dicir que a 
tradución de KDE 4.2 está mellorada pois con ela empezamos a revisar 
traducións, que se converteran nunha aposición de estratos de tradución con 
diferentes estilos e diferentes normas feitas en diferentes anos (2000-2009!). 
Inda que o traballo é de momento incompleto (está revisado, penso, parte de 
Koffice, parte de Kbase e a totalidade de KDEPIM) subsana unha boa cantidade 
de erros ortográficos e de coherencia terminolóxica que había.  Espero que 
avancemos en sucesivas versións a este respecto. 

_Opinión persoal_, a KDE 4.2 supón un gran avance en estabilidade e en 
melloras no espazo de traballo. Levo probando a 4.2 dende a beta1 e só podo 
loala, por estable (non tiven ningún erro grave en todo este mes e algo) e 
sorprenderme pola cantidade de retoques aquí e acolá. Evidentemente non é 
perfecta, pero tampouco o son outros DE)) Inda teño que probar a final, 
evidentemente, pero supoño que non me ha decepcionar polo que levo visto e 
espero que ós demais tampouco.  Este lanzamento, dirixido a un público xeral, 
por primeira vez en toda a serie, xunto co cambio de licenzas fan a KDE un 
proxecto moi atrativo en tódalas plataformas, e convérteo nun novo competidor 
noutro tipo de dispositivos. Non sei cal é o futuro de Galinux actualmente,... 
pero creo que será difícil obviar a KDE a partir de agora. Se ata Win7 lle 
botou un ollo ó KDE novo hehe

[[Só un aviso a navegantes... amantes de Ubuntu: os paquetes de KDE para 
Ubuntu son habitualmente os piores --period!--, por comparanza con mandriva, 
opensuse e fedora (versiós as cales probei e das que falo polo que 
experimentei). Todas estas distros dignáronse durante toda a 4.1.x a 
introducir novidades que se estaban a subir a /trunk na serie (falo de 
'backporting'), todas agás ubu. IMHO, Para probar KDE Ubuntu non é 
recomendable: moitas das queixas de estabilidade relacionadas con KDE  4.1 
debéronse ao problema con NVIDIA (non compredes cousas de señores que se 
adican a capalas!, comprade Intel, ie.) pero tamén malas prácticas de 
empaquetado de KDE de Ubuntu. Considero que as mellores distros para KDE 
seguen a ser Mandriva e Opensuse. ]]

Pois iso, a desfrutar da KDE 4.2!

Miguel Branco

Reply via email to