> > Primeiro, porque sería bo coñecer cal é asituación real da tradución galega
>  > e por definir estratexías en relación ós proxectos a traducir, as
>  > ferramentas... mais tamén, e segundo, por definir se habería que facer que
>  > a tradución do código aberto algo máis visible, se deberiamos realizar
>  > seminarios, conferencias etc para intentar involucrar a máis xente
>  Si, isto por suposto, vai facendo falla que se vai xuntando outro cambio de
>  xerazón (que vou vello, e eu non son dos primeiros)

Si, xa hai un cambio.

>  > ou que
>  > posición poderiamos adoptar no eido político para poder obter axudas/apoios
>  > (a min non me virian mal un creditos de libre configuración na facultade!,
>  > LoL). A este respecto mesmo se podería pensar se unha 'asociación de
>  > tradutores' podería beneficiar a hora de facer avanzar cousas a nivel
>  > político. (Supoño q este tema traerá polémica, ;) )
>
>  Disto xa se falara aló atrás, e aínda que eu creo que é boa idea, non se
>  chegou a nada. Certamente, isto daría pé a poder pedir axudar, ou mesmo a
>  externalizar as tarefas de tradución que está a facer mancomun. No que á
>  formación dunha asociación apolítica/non guvernamental/sen aánimo de lucro
>  dse refere, eu estou disposto a pringarme.

A min o dos crédito de libre nin me vai nin me ven, que xa os teño
convalidados, pero estaría ben. Sobre o da asociación, comentaranme o
outro dia os de Mancomun que pensarán en apoiarnos dalgún xeito, ós de
Trasno, pero ó non ser unha asociación non houbo maneira. A min o de
pringarme non me vai, pero haberá que facelo se é necesario.

>  > Eu propoño reunirnos en Santiagho (chéghase relativamente rápido dende a
>  > meirande parte das cidades ghalleghas), na USC ou similar, e data, a que se
>  > queira, por exemplo, un finde do mes que ven.
>  >
>  Merda pra Santiago, fícame lonxe de máis!

Home, quédalle lonxe a todo o mundo menos ós que non están alí. Supoño
que se poderá debater máis polo miúdo estas cousas. Non vin que moita
outra xente dera a súa opinión, agardaba que máis xente se apuntara a
isto. Polo visto calculei mal o de que a xente está máis tempo
conectada nas vacacións :)

Nunha mensaxe anterior alguén pediu máis información, e o certo é que
quero facelo, pero teño un sono acumulado... heino facer canto antes,
a ver se así se anima máis xente.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a