O Mércores 03 Xaneiro 2007 14:48, suso.baleato en xunta.es escribiu:

> Xabi:
>
> Non entendo moi ben o sentido do teu correio. Podes concretar a qué
> mensaxes te refires? As únicas ás que eu tiven acceso son, aparte do que
> él mesmo me enviou cando o avisei da iniciativa, as da posta en común
> en i18n onde se discutiu a criazón da lista e na que él participou.
> De feito, foi condición previa para a creación da lista que él opinara ao
> respeito, cousa que resulta bastante natural por ser il quen leva a
> tradución de debconf e d-i. En concreto, son estas dúas:
>
> http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00194.html
> http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00201.html
>

Efectivamente en
http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00194.html
atópase a primeira mensaxe de Jacobo na que di
" I would have liked it very much if you had contacted me before all of this,"
Non desvirtúo o que dixen na anterior mensaxe. 

> Dis tamén que a proposta ven da Consellaría: é a primeira noticia que
> eu teño ao respeito. Podes concretar a qué te refires?

Como primeira razón polo incríbel e repentino apoio que obtivo a solicitude 
vía "bug" por parte de xente moi vencellada ao proxecto Mancomun, que 
amablemente estiveron sempre moi animosos co traballo que facemos en Trasno e 
con todas as nosas iniciativas da mesma índole (tanto queren como pouco 
colaboran).

Como segunda razón, porque envías os correos dende unha dirección da Xunta, e 
porque, por se dixeras que te persoas como persoa individual (non obstante, 
con evidente pertenza a unha dirección xeral de idénticas políticas), rematas 
as mensaxes moi formalmente (quen sabe se non protocolariamente, non estou 
posto en obligacións legais) cun

Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información
Consellaría de Innovación e Industria             Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 10 - A, 6ºB       15707 Santiago de Compostela
(0034) 638035310 (343820)/ Fax: 981957863  <suso.baleato en xunta.es>

Sinto se amolo a alguén coa ton da mensaxe. É a inercia.

>
> Polo demais, suscribo o teu chamamento á participación.

Hai concordia logo. 


>
> Saúdos,
>
> Xabi G. Feal escrebeu:
> > Estiven a ollar con retardo as mensaxes de Jacobo, póñome do seu lado. A
> > mesma política inicial: primeiro fago (sen avisar) e logo me desculpo, se
> > fai falla, conciliación ficticia, pero non saberei nada máis de ti.
> >
> > Non estaría mal que se explicitara, na solicitude á organización de
> > Debian, que a proposta vén da Consellaría.
>
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_tr
>aducion_ao_galego

Reply via email to