O propósito do correo é obter información ou dála. Entendo que vindo a mensaxe e a proposta dun traballador da mesma dirección ten algunha implicación de maior relevancia que a hipotética actuación a título individual. Se errei teño todas as xustificacións conmigo. Serías logo un policía fóra de servicio dirixindo o tráfico?
Non dixen nada acerca de si gusto ou non do proceso de creación da lista, moito menos de que non guste da propia creación. Ao contrario, paréceme ben. Só simpaticei con Jacobo polo feito que houbo de non contar con el ao principio. Isto non é un "flame". Isto é como dixen no primeiro parágrafe unha necesidade de obter máis información da que se dá normalmente cando as iniciativas veñen de enriba. Sinto que notes outra cousa. Non dixen que esa xente fora de mancomún, senón que estaba vencellada dalgún xeito ao proxecto. Non teño gañas de facer unha tese que o demostre por preguiza e desencanto. Que esa xente teña capacidade de influencia nas decisións de goberno nestes aspectos non é para min unha boa nova, nin sequera un sinal de que o Proxecto Mancomún cuaxa entre a comunidade, senón de que se están creando ligazóns pechadas, restrictivas, entre usuarios, emprendedores e políticas de goberno que evitan que o proxecto se abra cara a toda a comunidade e responda, pola contra, a intencións moi determinadas. Non hai ningunha pelexa. Sempre houbo críticas e estou farto de que se fale da crítica como dunha acción destructiva no canto de construtiva. As críticas (quen non lembra un libriño de nome Crítica da razón pura) son necesarias. Paréceme temerario que aínda por riba se fale de accións de boicote ou críticas destructivas dende a comunidade (neste caso só eu) cando se están a repetir os erros de sempre. Os que teñen máis que perder somos nós, os que traducimos por libre dende vai moito máis tempo, os que traballamos por desinterese e vemos como as iniciativas de goberno non nos teñen en conta. ¿Será só unha impresión miña? ¿Cres que isto nos anima a traballar? O Xoves 04 Xaneiro 2007 18:38, suso.baleato en xunta.es escribiu: > Xabi... asegúroche que estou intentando entender cal é exactamente o > teu propósito ao reaccionar como o estás facendo, pero non acabo de > identificar en qué consiste a túa aportación. > > Para a criazón da lista seguín exactamente as instrucións que me > forneceu a comunidade Debian de internacionalización para facelo: > solicitalo no BTS enviando un bug. A resposta foi que a crearían si se > obtiña apoio suficiente e si se demostraba a súa necesidade. Eso foi o > que sucedeu, e consecuentemente a lista foi creada: por decisión da > comunidade Debian na que Tarrío participa. Se non gostas do proceso > decisional de Debian, penso que son as listas de Debian o lugar > apropriado onde amosar a túa disconformidade, non eiquí. > > Polo demais, empregas o correo que enviei a esta lista dende a conta da > Xunta como "proba" para afirmar que mancomun.org está detrás da iniciativa > de crear a lista debian para localización ao galego. Pois home, se iso > fora certo, supoño que estaremos dacordo en que sería unha estupenda > noticia. Pero me temo que a realidade é moito máis prosaica: foi unha > iniciativa miña, como usuario que son de vello de Debian, e por que quero > poñer o meu grao de area para contribuir a que a Debian teña un soporte > efectivo ao galego, cousa que nistes momentos non sucede tal como tí mesmo > te encargaches de poñer de manifesto nesta mesma lista non hai tanto. > De feito, nese flame estiveches cargando contra a xente de mancomún por > unha cuestión que é responsabilidade da comunidade Debian; cuestión que > a comunidade Debian non podía resolver entre outras cousas por que non > había unha lista onde plantexar o problema. Agora hai unha lista e xente > disposta a poñela en funcionamento. Tí dis que esa xente é de mancomun: > pois mira, non o sei, pero se así fora, eso demostraría que mancomún é > unha iniciativa comprometida e activa e non só unha pose gubernamental > como sucede noutras comunidades do estado. > > Espero que entendas que un pode ser usuario de Debian, membro activo da > comunidade e xunteiro todo ao mesmo tempo, por que eso é o que levo > facendo estes últimos anos. Espero que entendas que despois de media > vida de loitar contra muros de pedra, agora que logramos derrubar eses > muros, hai xente disposta a dalo todo para continuar co seu traballo de > apoio ao software libre esta vez co apoio do goberno galego, ou alomenos > así está sendo dende a consellaría de innovación e industria. A xente de > mancomún pode ter cometido os seus fallos, pero cargar contra iles por iso > é como cargar contra KDE por que algún tradutor se tome a liberdade de > empregar o seu nome como tradución das cadeas de certos widgets do panel > de control... };) > > Non é pelexándose nin criticando o que fan os demais como se resolven as > diferenzas: é poñendo en común as opinións e facendo propostas como se > logra. A min tanto me ten o ton que empregues nos teus correos, sempre > que respeites o traballo dos demais como os demais facemos contigo. > > Agardo que as túas dúbidas ficaran solventadas de vez e dende logo animarte > a continuar coa túa aportación, pois eu son dos que a valora. E dende > logo, se estás interesado en manter unha posta en común acerca de Debian, > de Tarrío, de Grueiro ou do que queiras, aquí tes o meu correo ou quedamos > cando mellor che veña, que oportunidades habemos de ter. > > Saúdos, > > Xabi G. Feal escrebeu: > > Sinto se amolo a alguén coa ton da mensaxe. É a inercia.