Ola Manty:

A versión do mailman que temos en galego é a 2.1.3, pero non está 
completa. Ademais, o que está traducido non foi revisado nin certificado 
por ninguén.

Cando decidimos implantar o servizo atopámonos co mesmo problema que 
comentas. De feito, a tradución non a fixemos nós, senón un grupo da 
Universidade de Vigo co que contactamos despois de realizar unha pequena 
investigación. Se che interesa podemos pasarche o contacto. Os ficheiros 
que nos enviaron eran uns HTML e algún ficheiro "mo" cos que tivemos que 
apañarnos machacando os HTML da versión en castelán e facendo algúns 
axustes. Isto quere dicir que o que está traducido non se corresponde co 
formato do proxecto de internacionalización do mailman, así que non 
podemos subilo. Estamos traballando para poñer o que temos nunha 
ferramenta de localización Web (entrans) e rematar así o que queda para 
poder subir a tradución á páxina oficial.

Saúdos.

J. Arribi



Leandro Regueiro wrote:
> Iso seriache mellor preguntalo na lista de Mancomun:
>
> On 10/4/06, Santiago Garcia Mantinan <manty en manty.net> wrote:
>   
>> Boas!
>>
>> Hai xa uns anos que propuxen traducir o mailman ó galego, para elo montei
>> unha versión por aquelas alpha do mailman (2.0 se non lembro mal). O caso é
>> que varias persoas tentaron de o traducir, pero ninguén a terminou, alomenos
>> que eu saiba e alomenos facendo uso do que eu montara daquelas.
>>
>> A cousa e que hoxe se me dou por buscar en google por o mailman en galego e
>> atopei que http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo ten o mailman
>> aparentemente traducido, nembargantes se un descarga o último mailman dende
>> a páxina oficial, non contén a traducción ó galego, e non aparece referencia
>> algunha (alomenos que eu vise) ó galego nesta páxina.
>>
>> Gustariame saber se algén sabe algo desta traducción de mancomun.org?
>> Pódese descargar dende algún lado ou son deste tipo de xente que fan as
>> cousas e logo non publican nada?
>>
>> En fin, gustariame moito saber que temos unha traducción do mailman, e que
>> se fixese oficial e polotanto estivera dentro do paquete oficial do mailman,
>> ...
>>
>> Digo esto porque sei que hai xa un tempo a Deputación de A Coruña estaba
>> tentando traducir o mailman ó galego para o seu uso. Non sei se ó final o
>> fixeron ou non, pero non me gustaría nada saber que anda cadaquén polo seu
>> lado e que existindo xa traduccións ó galego, a xente non ten todavía unha
>> traducción libre.
>>
>> Saudos...
>> --
>> Manty/BestiaTester -> http://manty.net
>> _______________________________________________
>> Trasno mailing list
>> Trasno en ceu.fi.udc.es
>> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
>>
>>     
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
>   


Responderlle a