On 10/5/06, arribi <arribi en cesga.es> wrote:
> Ola Manty:
>
> A versión do mailman que temos en galego é a 2.1.3, pero non está
> completa. Ademais, o que está traducido non foi revisado nin certificado
> por ninguén.
>
> Cando decidimos implantar o servizo atopámonos co mesmo problema que
> comentas. De feito, a tradución non a fixemos nós, senón un grupo da
> Universidade de Vigo co que contactamos despois de realizar unha pequena
> investigación. Se che interesa podemos pasarche o contacto. Os ficheiros
> que nos enviaron eran uns HTML e algún ficheiro "mo" cos que tivemos que
> apañarnos machacando os HTML da versión en castelán e facendo algúns
> axustes. Isto quere dicir que o que está traducido non se corresponde co
> formato do proxecto de internacionalización do mailman, así que non
> podemos subilo. Estamos traballando para poñer o que temos nunha
> ferramenta de localización Web (entrans) e rematar así o que queda para
> poder subir a tradución á páxina oficial.
>
> Saúdos.
>
> J. Arribi

Seguro que esta era a resposta que queria.

Gracias

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Reply via email to