Ola Leandro:

No novo corrector que se incorporará ao OpenOffice 2.0.4 haberá un 
dicionario cunha listaxe bastante extensa de palabras, entre elas 
topónimos e nomes propios que están xa en galego. Hai un pequeno aspecto 
que habería que soslaiar: O ficheiro gl_es.dic é texto plano pero cun 
formato específico, así que habería que "limpalo" para poder extraer o 
que se precise. Por outro lado, os lemas están agrupados, é dicir, os 
topónimos e nomes propios están todos xuntos, polo que é unha vantaxe. 
Esperamos ter este corrector en setembro.

Saúdos.

J. Arribi


Leandro Regueiro wrote:
> Ola,
> en Trasno precisamos axuda para compilar unha lista de traducións de
> nomes de paises, rexións, moedas, linguas, zonas horarias, cidades,
> etc.
>
> Primeiro cómpre recompilar todo o que se atope en Internet para que
> nos axude neste labor, así que se alguén sabe dalgún glosario, lista,
> etc. que nolo comunique aqui, nesta lista, ou na lista de Trasno.
>
> Despois hai que asignarlle unha tradución a cada nome de cidade, pais,
> etc da lista que recompilemos. Se alguén se apunta, que o avise.
>
> Esta lista ha servir para facilitar o labor de tradución de software
> libre, da wikipedia, etc. e tamén para crear unha lista que sexa
> accesible pola web para que a consulte/use quen queira.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
>   


Reply via email to