Boas.

A inscrición por internet só é válida para os alumnos da USC, xa que teñen unha 
identidade coa que poden acceder a esa secretaría virtual.

Para o resto de xente, toca o seguinte:

Presencial
++++++++++++++++++++++++
A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos 
de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere 
matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de 
liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade 
bancaria) para realizar o pago da taxa en calquera oficina de Caixa Galicia. No 
momento en que se efectúe o pago, a matrícula quedará automaticamente activada. 
Se se trata dun curso con límite de prazas, terá tres días hábiles para 
realizar o pago e remitir resgardo do pagamento ao fax nº 981 585255; en caso 
contrario a preinscrición quedará anulada.

Documentación que hai que presentar:

    * Membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou 
PAS): nº de DNI
    * Estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de 
liquidación de taxas de matrícula no curso 2008-09 ou da de exención de taxas, 
da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de 
estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación
    * Persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

3. Por correo ordinario
++++++++++++++++++++++++++
No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, 
poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico 
cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do 
procedemento a seguir.



CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN
---------------------------------------------
Campus de Compostela:
Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
981 563100, extensións 11018 e 11103
Fax nº 981 585255

Campus de Lugo:
Secretaría dos Cursos de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513
Fax nº 982 285914 
----------------------------------------------


Sintoo, xa sei que é un pouco rollo, pero nos ahí non podemos facer nada. Só 
nos queda empregar os medios e seguir os procedementos que teñen estipulados 
para os cursos da universidade de verán.

Saúdos.


----- Mensaje original -----
De: "Leandro Regueiro" <leandro.regueiro en gmail.com>
Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en 
mancomun.org>
Enviados: Martes, 1 de Septiembre 2009 12:46:17 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] Difusión curso "O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)?

2009/8/27 Enrique Estevez <keko en ousli.org>:
> Ola a tod en s.
>
> A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela 
> organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso ?O Software Libre e a 
> Lingüística (Lingua 09)?.
>
> Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como 
> principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da 
> interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación 
> filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas 
> neste eido e os mecanismos de traballo asociados.
>
> Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os 
> diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos 
> referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e 
> asociacións.
>
> O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese 
> a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de 
> tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e 
> persoal da universidade como persoas externas á universidade.
>
> As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 
> 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de 
> setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.
>
> ?O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)? inscríbese no marco dos Cursos 
> de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de 
> Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que 
> constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as 
> estudantes da USC, este curso será recoñecible
> como 1 crédito de libre configuración.
>
> Páxina web: http://www.usc.es/osl/lingua/
> Páxina de inscrición: http://tinyurl.com/mtu8ef

Ola,
como xa comentara eu teño interese en asistir, se é posible. Son
doutra universidade así que non me podo apuntar deste xeito. Ademais
non me fai falta o crédito de libre elección.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a