> Tras darlle outra revisión as cadeas do VirtualBox, ahí vai a da última 
> versión, a 3.0.4. En principio debería
> estar todo traducido e xa correcto.
>
> Revisamos algunha cousa que non estaba ben e arranxamos o das cadeas que non 
> aparecían traducidas. No
> adxunto vai todo. Pero o que vos interesa simplemente son os ficheiros .qm 
> que hai que copiar nun cartafol
> chamado nls (que pódedes averiguar onde está a través do comando dpgk -L 
> virtualbox-ose-qt) onde están
> o resto de traduccións doutros idiomas e elelir o idioma ao iniciar o 
> virtualbox para que cambie ao galego.
>
> A maiores xerouse tamén a tmx, pero o proceso seguro que non está moi limpo, 
> xa que se empregou o
> translate toolkit a pelo. É dicir, convertiuse directamente os ficheiros ts a 
> po e despois a tmx. A simple vista
> parece que está ben, pero non o podemos asegurar porque non tivemos tempo de 
> facer probas con elas. O
> que si está ben, son as memorias do qtlinguist, os qph. Co que continuar a 
> tradución do proxecto por outra
> xente sería moi sinxelo, xa que engadindo ese ficheiro ao proxecto de 
> tradución e dandolle a tradución por
> lotes xa traduciría a maior parte do mesmo. O script que xera os qph e moi 
> cutre pero para este caso en
> concreto funcionou (o meu non é o scripting e fixen algo para saír do paso).
>
> Esperemos que esta xa sexa a definitiva. Agora toca pornos en contacto cos 
> responsables de virtualbox
> deste tema para que a integren.

Igual estou eu perdido, pero non usaras o formato .po para traducir o
Virtualbox? Se é así non estaria mal dispoñer do ficheiro .po tamén.

Leandro Regueiro

Reply via email to