2009/10/1 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>:
>
> Temos que atopar unha maneira consistente para traducir esta expresión.
> No caso que nos ocupa, Firefox, temos varias opcións en xogo para o caso de
>
> Low-grade encryption
> Mediu-grade
> High-grade
>
> http://www.mozilla.org/projects/security/pki/psm/help_21/ssl_page_info_help.html
>
> Pero a frase "low-grade" ou "low grade" aparece en contextos diferentes,
> non só relacionados coa seguridade, así que sería mellor no caso das
> localizacións intentar ter unha equivalencia que non dese problemas. O
> feito de levar ese "-" en moitos casos, tamén indica ata que punto se
> considera unha "frase fixa".
>
> Non hai moito onde consultar isto para galego, así que propoño falar
> sobre as seguintes opcións
>
> baixo nivel de cifrado
> baixo grao de cifrado
> cifrado inferior
> seguridade baixa (baixa seguridade)

 Paréceme que o problema é pior do que parece: Tras consultar o
iate.europa.eu, parécecheme que talvez haxa que empregar unha
extratexia de tradución diferente da transposición + equivalencia (que
daría neste caso como resultado "baixo grau"), en prol dunha cousa
máis semellante a unha modulación, por exemplo.

-Cifraxe de pouca forza / Cifraxe de pouca seguranza / Cifraxe de
baixa seguridade.
(Dependendo de se pretendemos facer fincapé en que a)vai ter que
aturar tentativas de violación, b) talvez teña que aturar etc, e c)
neutro.

Responderlle a