O Venres, 9 de Outubro de 2009 12:54:35 Antón Méixome escribiu: > Gonçalo Cordeiro escribiu: > > talvez um seguinte passo nos glossários seria pensar em criar tbx > > específicos utilizando origens como as que indicas, neste caso para > > termos terminologia específica de manipulaçom de CVS ou o que for. > > Paréceme unha idea interesante pero habería que facer unha especie de > "mapa de materias", o que non é doado precisamente, para saber cal sería > o glosario acaído.
A ver, NON é preciso crear glosarios tbx especializados en materias nin produtos específicos. Para tal cousa están o <descrip type="subjectField"> e o <admin type="productSubset">. Que é interesante ter unha ontoloxía? Non o dubido, isto permitiría que o contido do <..... subjectField"> fose unha pickList no canto dun plainText a pelo, o que afectaría tamén ao deseño dunha interface web para a edición de glosarios...