>> Chegados a
>> este punto tendo que escoller entre a Ciberirmandade e Trasno, sendo
>> Trasno unha asociación creada ex profeso para isto e máis centrada
>> nisto (isto vén sendo a tradución ao galego de SL, máis ou menos)
>> coido que o lóxico sería que Trasno se debería ocupar de coller os
>> proxectos referentes á tradución que levaba Mancomún (ou cando menos
>> boa parte deles).
>
> Pero, porque falas de ter que escoller? Insisto, outra vez: a
> ciberirmandade non pretende apropiarse de nada, so poñer unha máquina
> para que todos poidamos seguir participando, cada quen ao seu xeito,
> individual ou colectivamente.

Hai dúas propostas, a de vós montar a infrastrutura e a de montala nós
(tal como levamos meses, poderiase dicir anos, intentando facer).
Habendo dúas propostas podemos escoller ou ter unha duplicidade de
esforzos. Usando o sentido común optei pola idea de non ter esforzos
paralelos, ergo hai que escoller.

> Non entendo esta discusión.
>
>
>> Embaixo respostas a Minhoca.
>>
>>> Chegou o cambio de goberno e comezaron as primeiras manobras de
>>> desmantelamento de mancomún. A nosa reacción foi a de facer ruido (e
>>> algún houbo), mais no mundo da tradución non houbo reacción (mais que
>>> unha carta). Entón, ante a parálise, ofrecimos pagar do noso peto un
>>> servidor (e mais se fan falla) para que o mundo da tradución siga vivo.
>>
>> Si houbo reacción. Houbo reacción de xeito individual xa que o que non
>> se pode agardar é que fagamos un comunicado como asociación ou algo
>> polo estilo sen haber asociación. Lembro que Mancomún nun principio
>> non contactou con Trasno por non ser asociación. Esta é unha das
>> razóns polas que imos constituír a asociación, para poder parlamentar
>> ca administración e que non pasen de nós como se nada.
>
> Non vou discutir sobre a reacción.
>
>
> Miguel Branco escribiu:
>>
>> - o factor máis "frontista" de CIF (e ollo, non digo que sexa nada
>> "malo"), opino, non beneficiaria a trasno á hora de recrutar xente
>> (xente "reacia" a posturas que se poden entender como máis políticas
>> ca culturais). Poño como exemplo en [*] algunha nova que enlazades que
>> a _algunha_ xente podería botar cara a atrás á hora de colaborar. Non
>> falo de min persoalmente.
>> [*]
>>
> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1047:recebimento-nacional-aos-ex-presos-independentistas-santiago-vigo-e-jose-manuel-sanches-o-sabado-17&catid=92:novas-dos-usuarios-e-usuarias&Itemid=130
>
> A nova á que te refires non foi publicada en nome da ciberirmandade,
> senon por un dos usuarios da mesma. Cando publicamos cousas en nome
> colectivo, van na parte superior. As demais son as que publica a xente
> libremente (dentro duns límites, evidentemente).
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>> +1 pero esqueciches algunha outra razón como a de que se somos
>> asociación temos control absoluto dos recursos o que nos permitiria
>> facer arranxos de forma inmediata e instalar o que nos petara.
>
> E porque supós que non vas ter o control desa máquina? (evidentemente,
> con sentidiño)

Tal como lembro de conversas anteriores con anteriores con alguén da
CIF, e vou recalcar que estou bastante seguro de que poida non ser
así, entendín que tiñades o servidor nalgún tipo de hosting que podia
limitar o instalar certas cousas.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a