> Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da
> Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan
> pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido
> a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.

É de agradecer xa que non puiden asistir. Comento abaixo certas cousas que
chamaron a atención, non teño tempo para máis agora.

> Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora
> a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar,
> ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os
> próximos 10 anos.
>
> O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión,
> -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven
> nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode
> atoparse eiquí:
>
> http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3
>
> Resumindo:
>
> * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren
> disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado:
>
> - Desenvolvemento:
>        - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos)
>        - AraOS, Galinux (documentación e debs)
>
> - l10n:
>        - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un
>          destes proxectos ten infraestructura propia independente de
>          Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do
>          oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen
>          funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi
>          útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor
>          sentimental.
>        - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais)
>        - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso)
>        - Toda a documentación publicada
>
> - A maiores:
>        - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica
>        - Mirror da web, incluíndo wiki
>
> * Distribución dos servizos:
>
> - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de
>  rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a:
>
> - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos
>  dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o
>  traballo diario e as xuntanzas periódicas.
>
> - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP
>  correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e
>  flexibel.
>
> * Estratexia para o traslado:
>
> - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición
>  da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que
>  consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar
>  a conta e iniciar o respaldo.
>
> - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que
>  sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais
>  roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e
>  alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que
>  seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA
>  suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso
>  manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende
>  a web de información do mailman.

E por que imos manter a rolda g11n?

> - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis
>  que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a non
>  ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará
>  copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se
>  defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que
>  amose o mailman para a rolda.
>
> - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen
>  descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado.
>
> - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos
>  máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa
>  (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo).
>
> * Tarefas concretas para a migración:
>
> - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno.
>
> * Servizos que podemos ofrecer
>
> Eiquí houbo tormenta de ideas:
>
> - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por
>  exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki
>  sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/
>  GNOME)
> - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata.

Por que un foro?

> - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse
>  na galeguización de software.
> - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova
>  xente, vía web.

Xa se falou bastante sobre por que non traducir vía web.

> En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non
> agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser
> resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría
> aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo 
> as
> súas achegas.
>
> * Tarefas e perfís
>
> Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise.
>
> * Outros
>
> - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse
>  en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso
>  interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada.

O que me faltaba por ver. Demostra que é fechada. Demostra que se lle negou
a xente de fóra a capacidade de participar, é máis demostra que ninguén de
fóra participou.

>  Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode
>  representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría
>  excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma
>  independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso
>  non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que
>  Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó
>  para todos.

Non lembro exactamente que parte dos estatutos enviou onte Miguel, pero inclúen
a participación de entidades externas nos procesos de decisión
periódicos. Por outra
parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación, e
evidentemente se non se
unen todos non representará a todos, pero xa dixen que se pode unir quen queira.

Tampouco era a idea de representar a todos os tradutores xa que os tradutores
independentes poden non querer ser representados, e destes algúns, e
evidentemente non podemos intentar arrogarnos o dereito a representalos. Por
outra banda como imos publicar os recursos e ferramentas de xeito
libre, non terán
problema en beneficiarse da actividade da asociación aínda que non sexan socios.

> - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro
>  para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema
>  suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e
>  desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é
>  preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún,
>  senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e
>  institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela.
>
>  Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous
>  anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así,
>  o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o
>  mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os
>  próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o
>  mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima
>  transparencia.
>
> Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o
> desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura
> de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será
> unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza.

Quen participou na xuntanza de onte?

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Reply via email to