>> Acabamos de incorporar ao Corpus os ficheiros de localización de >> >> VirtualBox 3.0.8 >> FusionForge 4.8.1 >> >> Retirouse a tradución de Mozilla en fase beta, xa que agora mesmo xa non >> corresponde co que hai nos repositorios despois do traballo de >> depuracións das últimas semanas.
Moitas grazas. Algún día terei que investigar o corpus a fondo. > Incluímos tamén o glosario adaptando, o formato da versión que está na > Forxa obviamente, para que se poidan recuperar as opcións asociadas a > cada entrada á vez. > > "window" -- "xanela|ventá|fiestra" > > Cremos que con isto o Corpus de Mancomún gaña en exhaustividade respecto > do traballo de localización de Mancomún e representatividade en xeral > sobre terminoloxía da localización ao galego. Desde o punto de vista > práctico tamén favorece a integración de fontes de consulta para o tradutor. Quizais deberiades considerar que os resultados se devolvan por separado como fixo Microsoft: http://www.microsoft.com/language/es/es/search.mspx Ata logo, Leandro Regueiro