2009/11/2 mvillarino <mvillarino en gmail.com>

> 2009/11/2 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodriguez en usc.es>:
> > Sería posible falar de VÍDEO/AUDIO SEN DESCARGA ou de
> VÍDEO/AUDIOTRANSMISIÓN
> > SEN DESCARGA? E para o concepto xenérico, poderiamos optar por
> TRANSMISIÓN
> > SEN DESCARGA.
>
> Isto ten un problema: no sistema máis habitual, o que precisa dun
> cliente reprodutor de flash, realmente si que se garda un ficheiro de
> caracter temporal no equipo onte está o cliente da (re)transmisión,
>

Agora que o leo, non me disgusta nadiña o de transmisión
Só opinar que o de retransmisión acaia nos tempos en que desde a orixe se
transmitia a estación central e dende ela se REtransmitia cara á radio ou
televisor.

Creo que pode facerse unha distinción de uso, xa que non é o mesmo falar nun
cliente (GUI) que se estamos falando da configuración de "flumotion" ou de
"icecast" (p.ex.) onde ou ven empregaría "fluxo" ou quizais mantivera
"streaming".

Sobre o de "parassintética" eu non faría conflicto, no seu momento Manel
María propuxo e tivo moitos apoios o termo "televexo" que despois non se
impuxo na linguaxe falada aínda que segue a ser usada por cestos escritores,
e tamén era/é "parassintético" :)


> polo que a tradución non será correcta de todo sempre.
>
> (descoñezo como o fan/facían en last.fm, pero hai un módulo perl no
> cpan que o fai, empregando sockets, e penso que en xeral este é o
> método)
>
> Aliás, non vexo o problema de adaptar a palabra (re)transmisión.
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091102/952263a4/attachment-0001.htm
 

Responderlle a