Ola a tod en s.

Son Keko, o coordinador da Oficina de Software Libre da Universidade de 
Santiago de Compostela e tamén son socio de Ousli. Aquí na Oficina estamos 
tamén Fran e Denís, como técnicos e que son socios do Glug (seguro que os 
coñecedes).

Dentro dos nosos proxectos, pois tamén estamos tocando o tema da localización e 
vamos a realizar algún obradoiro de formación e con sorte un curso dentro da 
universidade de verán (que ten algo que ver co tema).

No día a día, pois a veces topamos con que necesitamos determinado software en 
galego ou ata documentación e temonos posto a man coa tarefa. Sen ter nada 
relevante aínda, ou que se poida considerar final xa levamos realizado unha 
serie de localización ou traducións.

- Os texos legais das licenzas Creative Commons. Tradución realizada coa 
aplicación OmegaT. (ficheiros .html) A tradución xa foi enviada ao responsable 
de CC en España e xa está colgada na web oficial.
- O proxecto T-Cos. Tradución realizada coa aplicación Poedit. (ficheiros .po) 
A localización xa foi enviada ao líder do proxecto e xa está subida no svn do 
proxecto.
- O software i-TALC. Tradución realizada con QT 4 Linguist. (ficheiros .ts) A 
localización xa foi enviada ao líder do proxecto e xa nos contestou que na 
próxima release xa virá integrada.

- Agora estamos co software de virtualización VirtualBox OSE. Tradución 
realizada con QT 4 Linguist. (ficheiros .ts) Aínda está polo principio, pero 
bueno, pasiño a paso vaise facendo.

Estes proxectos non son da oficina en sí. Son proxectos que os integrantes da 
mesma, decidimos ir facendo no noso tempo libre e que as veces, pois en horas 
mortas da oficina (moi poucas, non damos feito, estamos saturados de traballo), 
pois as vamos facendo. Algunhas de especial interese para a universidade, xa 
que son programas que se empregan nas aulas de docencia e como a USC ten como 
idioma oficial o galego, temos que predicar co exemplo (ventaxa que permite o 
software libre, a de poder localizalo ao teu idioma).

En breve estas traducións ou localizacións serán enviadas ao Servizo de 
Normalización Lingüística da USC para que as revisen e serán liberadas as 
fontes e os compendios xerados. Non sabemos se se poderá aproveitar moito 
destes últimos, pero menos é nada. Se alguén os quere para botarlle un ollada 
que os solicite e seranlles enviados, anque mellor que esperedes a que sexan 
revisados polo SNL da USC e temos unha revisión por parte de Lingüistas que 
están acostumados a traballar tamén con terminoloxía das TIC.

Sen máis, simplemente este correo era para avisarvos de que os integrantes da 
Oficina levamos feito este traballo e para que ninguén o repita.

Unha última cuestión. Posiblemente dende a Oficina e con colaboracion co SNL da 
USC surxan outros proxectos de tradución, andamos buscando software de uso 
xeral polos integrantes da universidade, que sexa obxecto de localización para 
propor a súa realización, é dicir, software libre que se poida empregar nas 
facultades. As suxerencias serán ben recibidas.

Unha aperta.

Responderlle a