Acabo de rematar a tradución e revisión do Malditas Mentiras de Gnome.

Non é que sexa unha tradución para uso masivo pero pareceume interesante 
para celebrar a saída da versión 2.26... que a infraestrutura da páxina 
do equipo de tradución ao galego estea medio en inglés, medio en galego 
non dá moi boa imaxe :-)

Como se trata da tradución do software que xestiona a tradución non sei 
se haberá que facer algunha xestión especial para que se active e así 
cando se arrime algún interesado poderá ver que xa prestamos atención 
ata aos detalles.

P.S.
Tamén está pendente de subirse a tradución de Passepartout.

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090416/378d4b95/attachment.vcf
 

Responderlle a