No Firefox 3.03 que manexo teño de todo iso :-) efectivamente.

O único que salienta é o uso de "complementos" como tradución do 
xenérico "add-on" inglés.

        Galego                     Inglés

-complementos               -add-on
    -- complementos               --add-ons
    -- extensións                     --extensions
    -- plugins                           --plugins


Parece que se optou por facer tradución mínima.

O que eu entendo é que as extensións son consideradas, en xeral, 
paquetes de novas funcionalidades para Firefox, mentres que os plugins 
son novas funcionalidades de aplicacións que existen independentes e son 
externas que se integran en FF (bridges? para video). O  determinante 
dun plugin  é que permite acceder a datos multimedia. Sen ese 
complemento FF non pode navegar por/con eles.

Xa non teño tan clara a diferenza entre extensión  e complemento, a non 
ser a "importancia do engadido", é dicir que engadir unha nova opción de 
menú ou un subconxunto especializado sería unha extensión, mentres que 
se se trata dunha miniaplicación totalmente nova, que agrega un 
multipropósito para o navegador entón é un add-on (ftp, calendarios...)
..

Andarei moi descamiñado ?? Non esquezo que os termos en xogo son máis 
segundo as aplicacións: add-in, módulo, ... o malo, realmente, é que non 
temos unha coherencia neste aspecto e así o inglés "plugin" unhas veces 
está  como extensión, outras como  complemento e outras como plugin...


Antón Méixome



mvillarino escribiu:
> A ver, que estou co "hall of fame" de Open-tran, e a un tal Jean-Bernard 
> Marcon (Goofy) non tivo nada mellor en que entreterse que en facer 
> unha "Firefox extension"
> Como era que quedara isto no FF? [que eu recorde había películas con add-on, 
> plugin e extension]
>
>
>   

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 482 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081013/d56db9ba/attachment-0001.vcf
 

Responderlle a