Boas: 2008/11/1 mvillarino <mvillarino en gmail.com>: > Non puiden ir, máis iso non quita que siga a ser o tocapelotas > entremetido que son, e como son algo bocas, aló vai a miña aportación > ex-post (que sempre é máis sinxelo): > Nota: non vai contra ninguén. Se alguén se quer dar por ofendido, que > sexa Baleato ;-) > > O voluntariado (ultimamente non me sae a palabra "comunidade") > tradutor de software libre ao galego acha unha serie de dificuldades > que, quitándolles os nomes dos proponentes podemos expresar como: > chegamos até onde nos permiten as ferramentas, e existe unha sombra en > formación da opinión de que aquelo que podan aportar as ferramentas de > tradución para non precisar de coordinadores será positivo (onde > coordinador é o voluntario que ademais de traducir anda ás ostias coas > infraestruturas para desenvolventes, nomeadamente os VCS). > Adicionalmente, as ferramentas fallan en certos pontos que se fixeron > notar, se ben precisamente estas anotacións mostran tamén unha falla > na formación do voluntariado. > Os pontos nos que as ferramentas nos abandonan (que non abandoan, que > é algo que se lles fai ás misses cando reciben o premio), son na > corrección de textos (proofreading) en sentido amplo: corrección > ortográfica, gramatical, glosarial, e semántica, e homoxeneidade na > expresión. > Neste senso hai que mellorar (e non pouco) na formación referente á > utilización das CAT, dado que algunha das deficiencias sinaladas pode > porse en entredito, por exemplo a integración do SCV na CAT (nota: > adicionar wordforge á listaxe de cat, xunto con olt e lokalise), a > consulta ao vivo de traducións en outros idiomas (está en kbabel > através do po-auxiliar, aínda que só para un idioma auxiliar á vez). > No da correción gramatical xa é máis complicado, aínda que > _teoricamente_ poderíamos telo en kde (vale, en calquera, pero o > pology está nos repostorios de kde). Resulta que hai un filtro do > pology que permite pasarlle un corrector gramatical aos ficheiros, > agora ven, resulta que a infraestrutura que emprega non ten > disponíbeis os ficheiros que descreben a gramática do galego. E aquí > chegamos á chave das noces: que sistemas de comprobación gramatical > teñen descrito o galego? > [OT]O pology é unha cousa moi boa que se pode achar en l10n-support. > Ai! cando eu tiña portatil dáballevos moito uso! > Ah! si, fai falla un lugar con bitácoras/blog/blogues para os membros > de trasno (con posibilitade de deixar en petit-comité ou pasar a > portada) > > Cona! acabo de baixar un pouco no ficheiro anexo de Baleato, para ler > as cousas das empresas estas e xúrdenme dúbidas: > -Que diferenza hai entre un foro para difundir as oportunidades de > negocio e sinalar que contratos, a que empresas, e por cais importes? > -A integración dos estándares está en camiño, polo menos da banda de > Shafforo e de pootle, e o Hunspell xa é desde hai uns meses a > infra-infra-estrutura ortográfica das últimas versións dos dous > escritorios libres principais. > > nota: para quen desexe entreterse un pouco con pootle: > http://www.pcbsd.org:8080/ (é lento de carallo, aviso) > > Mágoa non ter máis tempo. A vindeira en fin de semana. Vémonos na akademy-es >
Estiven a probar o pootle na miña recen instalada ubuntu 8.10. A cousa ten boa pinta, ainda que o tema da administración ainda non o teño moi claro. Non atopei un administrador de ficheiros subidos. É dicir non podo borrar un ficheiro subido por exemplo, iso tiveno que facer a machada indo ao cartafol onde garda o pootle o ficheiro en cuestión. No meu caso os ficheiros almacenanse nun cartafol como .po subinlle un fichero .po dunha tradución que xa teño feita do joomla e pinta ben. Unha cousa que me ten desconcetado é que que se o ficheiro po que subo ten codificación utf8 vense caracteres raros mentes que se o ficheiro po ten codificación iso-8859-1. xa investigarei mais sobre disto. O entorno web permite descargar os po en formato: Ficheiro PO | Ficheiro XLIFF | Ficheiro .ts de Qt | Ficheiro CSV. O formato ts fallame. Saúdos