Que interesantes comentarios!!

Antón Méixome escribiu:
> Ola mvillarino
> 
> Son uns comentarios breves para ir razoando sobre estas palabras no 
> corrector.
> A cuestión básica que se debe decidir é a seguinte:
> 
> O corrector é un mero instrumento tonto que recolle o que ten o VOLG ou 
> ben é un corrector un pouco máis proactivo sobre os textos que corrixe. 
> Dividir a lingua estándar en correcto/incorrecto e totalmente 
> insuficiente, considérase obsoleto desde o punto de vista da lingüística 
> galega.
> 
> Quizais unha combinación...  de corrección e suxestión ?
> 
> sendeiro
>    Resulta que é claramente un castelanismo recente, "senda". De feito, 
> a RAG recomenda o uso de "carreiro". Con todo, admítese desde hai pouco 
> porque non había unha solución aceptable para "senderismo". A min 
> quédame a dúbida de se o corrector debería toleralo ou facerse un pouco 
> "o duro" con estas cousas.
> 
> consensuada
>    Outro 'castelanismo' recente. De "consenso" pode saír  consensuar? 
> claro, pero é un pouco raro. Fíxate que unha palabra semellante, do 
> mesmo rexistro como sería proceso-> procesar, entón debera ser 
> *consensar. O feito de que teñamos ?consensuar é porque o castelán o 
> toma do latín. Pero para que? se temos acordar, conveniar, avinzar, 
> negociar, conxuntar, mancomunar... Unha proba é que o portugués non ten 
> ese verbo aínda que si ten "consenso" e mesmo "consensual".
> 
> *elixícheme
>    Iso é un erro do corrector, totalmente de acordo. Hai falas galegas 
> que o teñen como válida esa forma de conxugar o verbo.
> 
> *prexuiciosa > prexudicial ?
>    Na miña opinión é mellor que a suxestión fose "danosa, daniña" e non 
> prexudicial, que debera quedar como "algo previo ao xuízo".
> 
> paseniñamente
>    Claramente débese incorporar
> 
> inquedanza
>    Outra que se debe integrar sen dúbida.
> 
> 
> Antón Méixome
> 
> 
> 
> mvillarino escribiu:
>> Olá,
>>
>> pedíronme que lle pasase unha corrección a uns textos e fun achando 
>> estes erros:
>>
>> senderos <= non ofrece "sendeiros"
>> consensuada <=non a dá como válida,
>> elixícheme <= non ofrece "elixíchesme"
>> prexuiciosa <= non ofrece "prexudicial"
>> paseniñamente <= non a dá como válida,
>> inquedanza <= non a dá como válida
>>   
> 
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a