2008/11/13 damufo <damufo en gmail.com>:
> Logo rulará pero nin idea de, como? nin idea tampouco de como en ubuntu?
> Procurando no google non dou atopado nada que entenda.
>
> http://gtkspell.sourceforge.net/doc/index.html
> http://gtkspell.sourceforge.net/

Pode que estea perdido, pero o gtkspell non é unha especie de widget
ou o que sexa que che pon o subraiado vermello debaixo das palabras
nos campos de texto?? Se é así entón non temos que ver de intentar
xuntar hunspell e gtkspell, senón o enchant (ou o que sexa a interface
esa para consultar varios correctores ortográficos) xa que é o que se
comunica directamente co corrector, e o gtkspell ha ser o que chama a
enchant.

A verdade é que eu tamén estou moi perdido. Isto dos correctores é
unha lea de carallo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a