Ánimo e adiante

(é que penso que non podo axudar, asi que, apoio moral ;-)

Xosé


On Sunday 16 November 2008 20:49:06 Leandro Regueiro wrote:
> Ola,
> estiven mirando o tema do glosario, de como pasalo a TBX e todo iso, e
> vin que o estándar TBX da moito máis do que realmente necesitamos, e o
> subestandar TBX-basic igual non é dabondo para todo o que queremos.
> Pero primeiro hai que definir como é o glosario que nos fai falta a
> todos e despois intentar facelo cun subconxunto de TBX. Non sei
> exactamente que cousas queredes reflexar no glosario, pero eu estou
> facendo a miña propia proposta. Agardo ideas sobre todo por parte de
> mancomun e das empresas, que igual son os que máis poden aportar, e
> gustariame falar con Antón do tema este para saber que pensa el do
> tema.
>
> Por certo, vin que o glosario de mancomun ten moitas mais entradas có
> de trasno, pero non trae informacion de contexto nin nada parecido.
> Tamen me decatei de que o glosario de trasno non ten unha estrutura
> ben definida e estandarizada.
>
> Coméntovos de pasada que falei o outro dia con Nacho de facer un
> pequeno programa para xestionar glosarios en local, que se todo vai
> ben, cun pouco traballo seria facilmente convertible nun servidor tipo
> open-tran (pero sen coller o material de diferentes repositorios,
> senón colléndoo dunha base de datos na que os termos se incluen usando
> unha interface do mesmo servidor) e tamén facilmente adaptable para
> incluilo nos diferentes programas de tradución.
>
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a