2008/11/16 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>: > Pero primeiro hai que definir como é o glosario que nos fai falta a > todos e despois intentar facelo cun subconxunto de TBX. Non sei > exactamente que cousas queredes reflexar no glosario, pero eu estou > facendo a miña propia proposta. Agardo ideas sobre todo por parte de > mancomun e das empresas, que igual son os que máis poden aportar, e > gustariame falar con Antón do tema este para saber que pensa el do > tema.
Pois até onde eu sei, Lokalise ten a funcionalidade de glosario, e utiliza un formato ISO para iso, e pola rede aparece como que é tbx. @Miguel: Esta é unha desas cousas que hai que levar +- preparadas para o obradoiro. Eu non teño posibilidade de instalar kde4 por agora, así que deberíamos contar co teu portatil para servir de "relator". O meu pode valer, para cousas máis pontuais, pero con kbabel. Segundo está documentado, o funcionamento é algo así como: activar o glosario, sinalar no msgid un texto, procurar no glosario, escoller unha entrada nel e inserila no msgstr. As entradas no glosario poden ser palabras, frases feitas e phrasal verbs, ou expresión habituais ("By enabling this ...." Xa que logo, como é o glosario que preciso? pois como o que manexa o lokalise. Unha curiosa característica desté é que, afaik, o glosario debe ser un ficheiro local. Isto habería que modificalo para que estivese acesíbel mediante un kioslave (obtelo por svn, ftp ou semellante).