> -------------------ENQUISA---------------------
>
> (moitas poidan que non teñan sentido pra vos por non vos atopar co caso etc,
> simplemente non as respondades)

Non contesto todo o que deberia (resposta non exhaustiva nin ben
pensada, desculpas por adiantado), pero é que mañá teño exame.
Pregúntome por que non enviaches a mensaxe á lista g11n e mais á de
trasno á vez.



> 1.  Das aplicacións que traduciras, cales pensas que facilitan mellor a
> localización? motivos? (ie, non hai que facer rexistro de coordinador...)

Poedit ten unha páxina na que explica todo moi ben, tamén é certo que
é un programa pequerrecho así que non ten excesiva complicación.
Lembro que cando comecei con Mandriva (daquela ainda Mandrake) o
tradutor simplemente tiña que coller os ficheiros, traducilos e
enviarllos de volta ó coordinador de traducións sen terse que
preocupar de nada mais, o que era moi bo para tradutores que só queren
centrarse no problema de traducir e para tradutores noveis.


> 2. En cales atopaches problemas de tipo 'burocrático'? Que problemas foron?

en certos proxectos atopei problemas de tipo "tes que cumprir todos
estes requisitos" (p.ex. mandriva, opensuse, etc.) que dificultan en
certa maneira o feito de que un tradutor comece a traducir. Quitando o
tema de Mozilla non vexo excesiva burocratización, ainda que a veces
cumprir os requisitos pode levar certo tempo no que o tradutor igual
poderia ter avanzado un bo treito.


> 3. algun destes proxectos impoñía criterios de calidade? cales? (ie, Firefox,
> que inclúe traducións en fase beta, como vai isto?)

En bastantes proxectos queren calidade, pero non por iso non che
aceptaban as traducións, xa que eles mentres poidan facer o commit non
se preocupan (non coñecen o noso idioma!). En certos proxectos
executan unhas comprobacións automáticas para ver que os ficheiros
enviados non teñen erros como que falta un "\n" ou o ficheiro está mal
formado.


> 4. Como consideras que se debe conseguir a calidade nas traducións? ten que a
> controlar o proxecto que se localiza, o tradutor, ou esperar que se dependa do
> feedback dos usuarios?

Todos deben colaborar: o proxecto facilintándolle o traballo ós
demais, os tradutores intentando facer ben o traballo, e os usuarios
avisando rapido das meteduras de zoca, pero sobre todo debe depender
do tradutor.


> 5. Que problemas técnicos atopastes ó traducir? (non que lle falta ás
> ferramentas de tradución: refirome a ie. non poder recurar a tradución dun .ts
> anterior, editar a tradución a pelo, coma en Miranda IM..)

eu basicamente procuro fuxir de programas que dan problemas para
traducir, como moita terminoloxia nova, formato de ficheiro raro,
problemas para obter os ficheiros para traducir, problemas para poder
enviar o traballo xa feito. Outro tipo de problemas recorrentes son a
falta dunha terminoloxia estandarizada, ferramentas recargadas de
opcións que eu nunca uso, ou con moi poucas funcionalidades, a non
reducción do número de cadeas a traducir (p.ex. o problema dos nomes
de paises ubicuos en case todo ficheiro de tradución de opensuse)


> 6. Que vos motiva a traducir unha aplicación en concreto?

Vela en galego, saber que a usa bastante xente en galego, ver que a
barra se pon toda verde. Hai moitas razóns, e case depende do meu
estado de ánimo cal é a que me motiva nun momento.


> 7. Mantivéstesvos na traducións das apicacións que fixestes ou fóstelas
> abandoando? porqué?

Nalgunhas voume mantendo. Outras colloas e pasado un tempo igual as
retomo (inkscape abandonado por falta de tempo e excesiva dificultade
da tradución e logo retomado) outras vounas mantendo polos poucos
cambios que teñen (poedit), outros deixeinos porque non os uso e tamen
teño certos problemas con certos termos incluso usando a wikipedia
(tuxpaint)


> 8. Traducides a outras linguas?

non, non damos feito a traducir ó galego!!


> 9. Pertencedes a algunha asociación ou grupo politico? a grupos de usuarios de
> Linux...? (non fai falta especificar) a outros proxectos coma a Wikipedia...?

procuro non entrar nos lugs na medida na que non me beneficiaria
moito, ademais de comerme tempo. teño un usuario na wikipedia pero
abandonei despois dunha discusión e de ver a gran cantidade de
traballo e tempo que comia. teño as miñas ideas politicas pero non sei
de ningun grupo ou partido politico que comparta todas as miñas ideas.
eu entrei no da tradución de sl basicamente porque me facilitaban o
traballo, asi que ainda que o sl me beneficia e todo iso, cheguei a el
por outras razons diferentes ás da maioria. e respecto do tema
politico, eu vexo que o galego non ten nada que ver ca politica, ainda
que alguns teimen nelo, para min son cousas totalmente separadas.


> 10. Cales son as motivacións principais pra localizar ó galego? egoismo ou
> altruismo?

as dúas. eu traduzo principalmente para min, pero o traballo feito
tamen quero compartilo cos outros. ademais intentando beneficiarme ó
máximo, por exemplo intentando ter traducións consistentes cas dos
outros, ou poder dispor das miñas traducions nun futuro, non me queda
mais que beneficiar ós outros, xa que compartindo coñecemento para
mellorar as miñas traducións, outros aprovéitanse tamen da miña
experiencia, e se usan os meus ficheiros (que en principio envio para
que se manteñan dispoñibles en internet por se un dia o meu portatil
arde ou algo asi e despois podelos recuperar) para sacar terminoloxia
ou usar nunha tm tamén se benefician outros. xa nin falo de que outras
persoas poidan ter o programa en galego gracias a min. asi
definitivamente o mais egoista tamen é o mais altruista, non sei se me
expliquei ben.


> 11. Trasno debería ter un papel activo non só na tradución senón na defensa do
> galego? ou xa o traballo que fai é en si a mellor defensa? deberíanse manter
> relación con asociacións pola desensa do Galego, coma a Mesa pola
> Normalización?

penso que o traballo que fai xa é dabondo. non podemos obrigar á xente
a usalo SL en galego, pero é certo que temos que publicitalo para que
a xente interesada se entere. Vexo positivas relacións, na medida na
que nos poida beneficiar, pero sen perxudicarnos. vexo que trasno é un
axente importante de normalizacion e como tal deberia ser considerado
por todos (xunta, mesa, galegos, trasnegos).


> 12. Seriamos capaces de focalizar o que traducimos a un número reducido de
> distros... con tal de acadar as principais traducións completas? é necesario?

penso que si. é necesario xa que moitas distros non incluen por
defecto un idioma se non sobrepasa unha porcentaxe de traducion, e
ainda asi a veces nin sequera o incluen por ter poucos usuarios nese
idioma (caso de mandriva). só teriamos que focalizarnos, ou sexa
cambiar un pouco a forma de traballo dentro de trasno, montando grupos
de varias persoas que traducen as distros por quendas.


> 13. como escolles con que traduces? decisión técnica ou non? traduces cun só
> programa ou con varios?

traduzo basicamente co poedit. afixenme a el cando precisaba un
programa multiplataforma, que ademais dispuxera de TM. non é que sexa
para botar foguetes, pero o gtranslator vello é unha merda, e o kbabel
sempre o vin excesivamente recargado. non me vexo usando interfaces
web (penso que son para tradutores esporadicos e/ou principiantes). o
lokalize non o vin nin o probei, ainda que teño que facelo. hai moitos
outros programas por aí, pero non sei que tal serán (virtaal,
pootling, wordforge, openlanguagetools...). vexolle boa pinta ó novo
gtranslator, ainda que lle faltan cousas, pero detectei bastante boa
disposicion a incluir o que eu pido. nacho ten pensado facer un fork
deste gtranslator despois de decembro e vexoo moi disposto a colaborar
en converter o gtranslator no que "eu quero".


> 14. Calquera cousa que se vos ocorra de interés:

deberiamos montar un sistema para o da terminoloxia e facer que todos
os programas de traducion incluan soporte para el. O mesmo para
memorias de traducion. Para asentar a terminoloxia o open-tran é unha
ferramenta magnifica, xa que permite ver as diferentes traducións
escolleitas polos tradutores dun determinado idioma.


> 15. Tradución con ferramentas locais ou interfaces web? que e millor? depende
> de para qué?

mellor en local se o traballo non é esporadico e ten como finalidade
obter traducions cunha calidade minima.


> 16.(a quen competa) Que problemas existen en:
>
> *** Ubuntu
> como é iso de rosetta e o de que haxa que subir os .pos de proxectos upstream?

deberian poñer transifex que envia os ficheiros ó upstream (lin que en
opensuse e gnome se falou de poñelo) ou algo polo estilo. vin que
ultimamente certos proxectos usan o rosetta para traducilos, o que me
parece ben na medida na que eu penso que o rosetta ten a mellor
interface de todos estes programas de traducion web.


> *** Firefox (a lea do pricipio xa a sei; que problemas se plantexan agora,
> como está respondendo Mozilla...)

vexoo chungo. menos mal que descargamos en mancomun o choio este. pero
a ver que pasa se nos quitan mancomun. todos fodidos!!


> *** OOo

vexo que é un proxecto dificil de traducir, nin sequera sei onde esta
a info. creo que usaba un formato estraño.


> *** KDE

van moi ben e parece que é un proxecto amigable para o tradutor


> *** Gnome

deberia estar mellor (no nivel de traducion), pero a falta de
tradutores é o que ten


> *** Joomla, Drupal etc

estes programas web (drupal, joomla, wordpress, dokuwiki...) comparten
unha cantidade incrible de vocabulario, o que me fai pensar en ter un
equipo composto con tódolos tradutores dos mesmos e que vaian
traducindo cada un deles por quenda. ademais parecen faciles de
traducir (esa foi a miña impresion cando lle metin o dente ó
wordpresss)

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a