2008/11/20 Antón Méixome <certima en certima.net>: > >>> *** Joomla, Drupal etc >> >> Penso que era bo que nos unisemos os que traducimos os xestores de >> contidos, de feito estou pensando en traducir tamén drupal 6 pois non o >> está, pero poida que fose bo ter un glosario mais ou menos común para >> joomla!, drupal e wordpress, que penso que estos 3 son os que máis se usan. >>> >>> > > Pola miña parte eu manteño desde hai anos tradución de SPIP, un CMS francés > co que estou moi encariñado, tanto polo sistema en si como pola comunidade > que hai detrás, realmente humanista. Está a piques de saír a versión 2.0 > (parece un número baixo pero é que son moi "serios" coa súa filosofía). > > Hoxe mesmo saíu a > > SPIP 2.0 RC1 (Realease Candidate 1) > > web de SPIP: http://www.spip.net > web da comunidade : http://www.spip-contrib.net/ > > Nesta comunidade tradúcese a través dun comodísimo e sinxelo interfaz web, > para o manexo das cadeas en PHP que tamén é software libre: Trad-lang v3 > (http://www.eledo.com/article17.html) > > Pola miña parte estou disposto a colaborar contigo na battle for Drupal 6
Unha cousa, pode que sexa certo que o drupal 6 non está traducido de todo, pero eu lembro ter axudado a levar o traballo feito na drupal 5 a drupal 6. De feito montaronse dous proxectos na forxa para traducir cada unha das dúas versións. No g11nv2 falei con Fran Diéguez, e comentoume que habia xente interesada en traducir. Ata logo, Leandro Regueiro