Estamos de formar ós novos tradutores, pero eu pensaba que Mancomun de
cando en cando tamén se ocuparía de formar dalgún xeito a estes novos
chegados e outros que xa están por aquí e que non teñen experiencia. A
todo isto, eu tampouco me considero un experto, simplemente teño máis
experiencia, o que non quita que meta a zoca ata o fondo de cando en
vez...

Xa me quedou claro ese punto. Pido perdón pola desorganización das
miñas "ideas". Supoño que terás para toda a tarde ou dous días. Por
certo, creo que xa vou atopando a algún deses tradutores "tapados".

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

2008/5/12  <suso.baleato en xunta.es>:
> Leandro Regueiro escrebeu:
>
>  > 4. Formación: transferencia
>  >
>  > Cuarto punto. Non teño nin idea de a que se refire Suso con isto. Algunha 
> idea??
>  >
>
>  Desculpas, foi cousa das presas. Referíame a 'transferencia do coñecemento'. 
> Alguén falou de que era importante o tema da 'formación' para a xente nova 
> que entre no mundillo da tradución -por que senón entran no entrans ou no que 
> sexa e fan traducións que é peor revisalas que facelas de novo- e que o 
> lóxico era que fora o voluntariado quen fixera a 'transferencia de 
> coñecemento', e que mancomún correra cos gastos precisos (xestión, 
> contratación, aluguer do local, desprazamentos e demais). Non sei si me 
> aclarei agora.
>

Responderlle a