Ola a todos/as,
Parece que comeza a haber vimbios para ir facendo o cesto. Dada esta profusión de guías de estilo que existen: 1. A elaborada por Xusto e Xosé Antón Rubal, que toma como modelo a guía de Softcatalá e que é o primeiro traballo de sistematización de criterios para a localización, xunto coa guía elaborada no Proxecto Trasno. 2. A guía do Proxecto Trasno. 3. A elaborada por Reverso a partir destas dúas (1-2) e con achegas e modificacións a partir dos traballos que realizamos. 4. A elaborada por Iván Méndez. Traballo nada desestimable e que se fixo baixo o amparo da OSL da UdC. 5. A que achegará Imaxin proximamente á comunidade de mancomún. Se non entendo mal, achegarase proximamente, non? Se non é así, onde se pode baixar? Por que en mancomún non se fala dela? Agardamos impacientes ;-). Ben, dado que temos 5 guías de estilo, non estaría de mais abrir un espazo no wiki onde se puidese dialogar sobre os diferentes criterios. Intúo que haberá diferenzas entre as distintas guías, pero non debería ser tan complicado consensuar uns criterios de referencia para os proxectos de localización de sóftware libre entre toda a comunidade. En resumo: facer un remexido de todas e que a comunidade se poida beneficiar de criterios unificados. Quizais este é o momento, dada a boa predisposición da xente. Un saúdo Antón Lado El 12/05/2008, a las 16:10, Antón Lado escribió: -----Mensaje original----- De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre de Jose Ramom Pichel Enviado el: luns, 12 de maio de 2008 15:56 Para: g11n en mancomun.org Asunto: [G11n] [imaxin software] Tecnologia linguistica Olá a todos e todas, Contai connosco para assuntos relacionados com Opentrad, correcção ortográfica e outras ferramentas de tecnologia linguística multilingue fundamentalmente para as seguintes línguas (galego, português, inglês, catalão, euskera, francês, romeno, etc.) e as diferentes combinações. Há um acta da reunião que tivestes o domingo? Um abraço, José Ramom Pichel _______________________________________________ G11n mailing list G11n en mancomun.org http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080512/0e48b19e/attachment.htm