Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/5/13 Frco. Javier Rial <fjrial en cesga.es>:
>> Ola:
>>
>>  Estiven codificando os vídeos do evento G11n para poñelos dispoñibles
>>  desde a páxina do Wiki.
>>
>>  Antes de publicalos, queriamos que lles désedes o visto bo na calidade
>>  de vídeo e son.
>>
>>  Aquí tendes un exemplo para descargar e probar (2,7 MB):
>>  http://www.mancomun.org/proba.mp4
>>
>>  Estas son as características xerais:
>>  Media de 90MB por 30 min con moi bo son (equiparable a 44100hz, 16 bits,
>>  stéreo) e unha resolución de 352x288 (estilo YouTube) e 30 fps. Creo que
>>  o máis importante deste evento é sobre todo o son por iso a calidade do
>>  mesmo. O formato de saída é un .mp4.
>>
>>  Pensade que se temos un total de 7 cintas de vídeo a unha hora cada
>>  unha: 7 horas * 180 MB= 1260 MB aproximadamente
>>
>>  Xa con iso é bastante para descargar desde web....
>>
>>  Que vos parece tanto a calidade como o formato de saída? Queredes mellor
>>  outro formato?
>>
>>  Vos diredes antes de que siga convertindo os ficheiros...
> 
> Ola, onde estou agora hai un rebumbio tremendo, e non podo dicir moito
> da calidade do son. Creo que escoitar escóitase mellor do que o
> escoitaba eu cando estaba alí, pero hai moito rebumbio, así que non
> aseguro nada. O que vexo así de entrada é que non é que se vexa moito
> a proxección, de feito non se ve nada.
> 
> Mentres non sexa coma o vídeo de dúas horas do Torneo de RTB das
> xornadas de SL do GPUL do ano pasado, calquera cousa me vale. Aquel
> vídeo era horrible, menos de dúas horas e ocupaba un GB con calidade
> peor ca este.
> 
> Non sei como está o asunto pero igual ata hai xente que queira mellor
> dúas versións con mellor ou peor calidade...
> 
> Por certo, botámoste de menos por aló... a non ser que viñeras e non
> nos deramos conta.
> 
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro

por min vale. O das dúas calidades poida que sexa boa idea. En canto ao 
son escoitase ben.

Eu tamén te botei de menos, gustaríame terte coñecido en persoa.

Saúdos

Reply via email to