2008/5/13 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2008/5/13 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
>
>
> > O Martes, 13 de Maio de 2008, Manuel Souto escribiu:
>  >
>  > > Quería facer unha pregunta sobre como consultar os nomes de países,
>  >  > linguas, xentilicios, etc. utilizados nos produtos localizados que 
> existen.
>  >
>  >  En kde tamén aparecen en varios lugares. O mellor para poder consultalos é
>  >  obter unha copia local do repositorio trunk da lingua gl, e construires 
> unha
>  >  base de dados de tradución. O resto é aproveitar a base recén construida 
> para
>  >  facer unha tradución automática dun ficheiro po cos nomes das linguas,
>  >  paises, etc.
>  >  En kmymoney tamén hai unha lista extensa, que inclúe os nomes das divisas.
>
>  Nas traducións de Mandriva, OpenSuse, Fedora e do Translation Project
>  tamén hai. No Translation Project podo asegurar que hai varios
>  estándares ISO completos para traducir de:
>
>  - Zonas horarias (creo)
>  - Linguas
>  - Cidades
>  - Paises
>  - Moedas (ou divisas)
>
>  Ademais en proxectos coma Xfce igual hai algo aproveitable. Pode que
>  me esqueza de máis, pero é que este tipo de cousas están repetidas por
>  tódolos lados, por iso insistín eu nisto na xuntanza do domingo.
>
>  Por outra banda, cando busquei por Internet din con recursos coma a
>  Galipedia, e con varias listas de nomes de cidades e paises
>  (incompletas) das que só lembro unha que había en vieiros e creo que
>  unha nalgures nun sitio da universidade de Vigo. Pero hai máis,
>  seguro.
>
>  Ata logo,
>                      Leandro Regueiro

Perdón. Esqueceume a frase seguinte. Case ha ser mellor comezar cos
ficheiros do Translation Project, porque de tódolos que vin por aí son
os que teñen a lista máis completa, non de cadeas traducidas, senón de
nomes orixinais de todas esas cousas que enumerei antes (paises,
cidades, moedas,...)

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a