e xa está, o primeiro vídeo, o de Xusto xa está arranxado e subido de 
novo ao servidor

Frco. Javier Rial escribiu:
> Con respecto ao do ficheiro pdf da presentación de Xusto xa o volvín a 
> exportar a pdf
>
> Desta vez está.. son 9 dispositivas, non 18 como tiña o outro pdf.
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>   
>> 2008/5/14 Irene Touriño <itourinho en cesga.es>:
>>   
>>     
>>> Boas,
>>>
>>> Os vídeos están volcados sen edición algunha. Non se diferenciou a
>>> presentación do acto da charla de Xusto, e supoño que é a iso ao que te
>>> refires. En calquera caso imos revisar por se colgasemos de xeito
>>> desordenado algún dos cortes (efectivamente me comentan que si, as nosas
>>> desculpas. Procedemos a corrixilo na maior brevidade posible).
>>>
>>> En canto a recoller as diapositivas no vídeo asumo a que puidese ser a
>>> miña parte de culpa. Segundo o meu criterio estético e de composición
>>> visual e, dado que as presentacións xa están dispoñibles na web, pensei
>>> que era mellor recoller só ao relator. Para a próxima vez e, se o
>>> considerades mellor, rexistramos coa cámara todo o espazo con pantalla
>>> incluida (aínda que iso supoña unha merma na calidade da imaxe).
>>>
>>> Un saúdo, Irene
>>>     
>>>       
>> Non. Erro meu. Síntoo. Con presentación referiame ó ficheiro .pdf, e
>> con vídeo ó ficheiro .avi.
>>
>> En canto ó outro tes razón, mellor atender ó relator porque no
>> relatorio saen máis cousas das que hai na presentación, ainda que a
>> veces por culpa do eco é dificil escoitar. Menos mal que os asistentes
>> usaron o micrófono que senón non se lles escoitaría nadiña.
>>
>> Respecto ós cortes, verificádeo.
>>
>> Ata logo,
>>                Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>   
>>     
>
>
>   


-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org

Responderlle a