Boas, Veño de revisar todo o correo que houbo acerca do evento da g11n (o primeiro e tamén o último polo momento, espero que non o derradeiro ;-).
Tratando de ser sintético, eu o que vexo é que a posta en común na rolda estivo centrada -no que se refire ás propostas do evento- en tres temas: recursos lingüísticos (80%), rede social (15%) e inventariado (5%). O que farei será identificar para cada tema aqueles elementos nos que Mancomún podería contribuir, sempre en coherencia cos consensos da g11n. 1. Recursos lingüísticos ------------------------ i) Glosário terminolóxico. Semella haber acordo en que o traballo de localización será máis productivo se dispuxeramos dunha ferramenta que provea un sistema aberto de _consulta_ terminolóxica automatizada. Porén de pouco serviría o sistema de consulta se traballa sobre unha base de datos terminolóxica valeira, desactualizada ou inconsistente. O asunto que se plantexa é resolver o problema da validación terminolóxica e para iso -alén de aplicar o sistema de 'consenso interno asesorado' involucrándose na usc-lexterm- plantéxase a posibilidade dalgún modelo de validación cualificada (votos? karma? academia?...) implementabel vía web. Neste asunto, o que vexo é que dende Mancomún só podemos facer unha cousa: promover un encontro monográfico sobre este asunto; esta vez sen tanta loxística institucional para facer a cousa operativa. b) Guía de Estilo. Hai alomenos cinco guías identificadas. Eiquí o que podemos facer en Mancomún son dúas cousas: promover xuntanza(s) entre os seus/súas artífices até que se chegue a unha unificación... ou ben coller todo ise material, facer un merge e despois continuar a traballar sobre él. A primeira opción é moito máis lenta, e a segunda opción non descarta promover xuntanzas ao respeito. Por tanto a miña proposta é encargarnos en Mancomún de facer o merge, poñelo en común e a partires dahí facer desa guía de estilo algo comunitario que se vaia completando coas aportacións de todos/as. 2. Rede social -------------- En palabras do próprio Amador, que é quen propón o tema no encontro e quen despois aprofunda nel na rolda [1]: trataríase de "consolidar espazos de traballo conxuntos e espazos de traballo para distintos grupos, todos eles naturalmente, en entorno web." Engade ademais que, "como punto inicial de recoñecemento (...) para que a vinculación sexa máis atrainte, podería ser a utilización do sistema de baners de toda a vida". Está claro que se non somos quen de atrair máis xente e de afortalar canles de relacionamento entre nós, mal vamos. Estou dacordo co resto da xente na proposta do tema dos banners, aínda que penso que non deberíamos facelo dun xeito aillado, senón integrado nalgunha estratexia ou modelo de comunicación que deberíamos definir. Nisto, dende logo podedes contar con Mancomún para fornecer a infraestructura e tal; mais iso só será útil unha vez teñamos claro cara onde queremos ir neste asunto. E para clarificar iso ou ben seguimos falando do tema na rolda, ou ben promovemos unha xuntanza onde a xente que entenda destes temas nos amose o que hai e poidamos decidir. Por tanto, a proposta é: xuntanza monográfica sobre o tema. 3. Inventariado --------------- Outra das cousas recurrentes nos correos é o asunto de inventariarnos: quen somos, qué proxectos hai e quen os leva, inventarios de recursos lingüísticos, normativas ortográficas, glosarios e guías de estilo... ben, pois eiquí o que propoño é que o fagamos conxuntamente entre tod en s, xuntando no wiki de Mancomún os recursos que vaiamos atopando de forma progresiva e colaborativa. Dende a miña perspectiva deberíamos manter alomenos estes dous para os que xa abrin os espazos correspondentes: - Recursos lingüísticos, especialmente guías de estilo e glosarios [4] - Proxectos de tradución de software libre [5] Javi xa foi adiantando traballo no de proxectos, era bó irlles metendo man. Outros ------ Convido a todo o mundo a reivisitar a tormenta de ideas de Leandro [2] e tamén as propostas que xurdiron no evento [3]. En canto á metodoloxía de tradución que acordamos, orientada á aplicación dos estándares LISA, o primeiro proxecto no que imos poñela en marcha é o da tradución da suite Mozilla. Tanto voluntariado como empresas que teñan a intención de participar no proceso, compre que se vaian inscrebendo na rolda de correo do equipo oficial de tradución [6]. Saúdos, -- [1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000519.html [2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000497.html [3] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n#Propostas [4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n_inventario_recursos [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n_inventario_proxectos [6] http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician -- Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>