2008/5/24 <suso.baleato en xunta.es>: > 1. Recursos lingüísticos > ------------------------ > i) Glosário terminolóxico. Semella haber acordo en que o traballo de > localización será máis productivo se dispuxeramos dunha ferramenta > que provea un sistema aberto de _consulta_ terminolóxica automatizada. > Porén de pouco serviría o sistema de consulta se traballa sobre unha > base de datos terminolóxica valeira, desactualizada ou inconsistente. > O asunto que se plantexa é resolver o problema da validación > terminolóxica e para iso -alén de aplicar o sistema de 'consenso > interno asesorado' involucrándose na usc-lexterm- plantéxase a > posibilidade dalgún modelo de validación cualificada (votos? karma? > academia?...) implementabel vía web. Neste asunto, o que vexo é que > dende Mancomún só podemos facer unha cousa: promover un encontro > monográfico sobre este asunto; esta vez sen tanta loxística > institucional para facer a cousa operativa.
Nisto tamén haberia que falar de montar un servidor de terminoloxía ó que poida consultar o gtranslator e outros programas... > b) Guía de Estilo. Hai alomenos cinco guías identificadas. Eiquí o que > podemos facer en Mancomún son dúas cousas: promover xuntanza(s) entre > os seus/súas artífices até que se chegue a unha unificación... ou ben > coller todo ise material, facer un merge e despois continuar a > traballar sobre él. A primeira opción é moito máis lenta, e a segunda > opción non descarta promover xuntanzas ao respeito. Por tanto a miña > proposta é encargarnos en Mancomún de facer o merge, poñelo en común e > a partires dahí facer desa guía de estilo algo comunitario que se vaia > completando coas aportacións de todos/as. O tema é interesante, pero non me vexo capaz de discutir con outras persoas sobre a maior parte das cousas que pode haber nunha guía... > 2. Rede social > -------------- > En palabras do próprio Amador, que é quen propón o tema no encontro e quen > despois aprofunda nel na rolda [1]: trataríase de "consolidar espazos de > traballo conxuntos e espazos de traballo para distintos grupos, todos > eles naturalmente, en entorno web." Engade ademais que, "como punto > inicial de recoñecemento (...) para que a vinculación sexa máis atrainte, > podería ser a utilización do sistema de baners de toda a vida". > > Está claro que se non somos quen de atrair máis xente e de afortalar > canles de relacionamento entre nós, mal vamos. Estou dacordo co resto da > xente na proposta do tema dos banners, aínda que penso que non > deberíamos facelo dun xeito aillado, senón integrado nalgunha estratexia > ou modelo de comunicación que deberíamos definir. Nisto, dende logo > podedes contar con Mancomún para fornecer a infraestructura e tal; mais > iso só será útil unha vez teñamos claro cara onde queremos ir neste > asunto. E para clarificar iso ou ben seguimos falando do tema na rolda, > ou ben promovemos unha xuntanza onde a xente que entenda destes temas > nos amose o que hai e poidamos decidir. Por tanto, a proposta é: > xuntanza monográfica sobre o tema. Simplemente sigo sen entender de todo a idea esta. Supoño que será precisa unha xuntanza ou unha boa explicación por correo. > 3. Inventariado > --------------- > Outra das cousas recurrentes nos correos é o asunto de inventariarnos: > quen somos, qué proxectos hai e quen os leva, inventarios de recursos > lingüísticos, normativas ortográficas, glosarios e guías de estilo... > ben, pois eiquí o que propoño é que o fagamos conxuntamente entre tod en s, > xuntando no wiki de Mancomún os recursos que vaiamos atopando de forma > progresiva e colaborativa. Dende a miña perspectiva deberíamos manter > alomenos estes dous para os que xa abrin os espazos correspondentes: > > - Recursos lingüísticos, especialmente guías de estilo e glosarios [4] > - Proxectos de tradución de software libre [5] > > Javi xa foi adiantando traballo no de proxectos, era bó irlles metendo > man. Tamén sería interesante seguirlle a pista ós tradutores, sobre todo ós que o deixaron e poidan volver ó traballo se os animamos un pouco. Vou ver se completo algo a lista dos proxectos, ainda que non é que me sobre o tempo precisamente... > Outros > ------ > Convido a todo o mundo a reivisitar a tormenta de ideas de Leandro [2] e > tamén as propostas que xurdiron no evento [3]. > > En canto á metodoloxía de tradución que acordamos, orientada á aplicación > dos estándares LISA, o primeiro proxecto no que imos poñela en marcha é o > da tradución da suite Mozilla. Tanto voluntariado como empresas que teñan > a intención de participar no proceso, compre que se vaian inscrebendo na > rolda de correo do equipo oficial de tradución [6]. > > Saúdos, > > > -- > [1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000519.html > [2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000497.html > [3] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n#Propostas > [4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n_inventario_recursos > [5] > [6] http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician Ata logo, Leandro Regueiro