2008/5/27 Frco. Javier Rial <fjrial en cesga.es>: > Ola a todos: > > Supoño que a maioría está ao tanto da polémica xurdida ao redor das > declaracións do Tristán Nitot sobre a nosa comunidade tradutora e para > os que non o estean, aquí deixo unhas ligazóns á información sobre a mesma: > > Nova en Mancomún: > http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/mancomun-e-mozilla-xa-traballan-conxunta-3.html > > Nota de prensa da Consellería sobre o acontecido: > http://www.conselleriaiei.org/ga/upload/dx/not/1219-a-np_rectificacion_mozilla_mancomun_23_05_08.pdf > > Arquivo da rolda de correo onde se tratou o tema: > http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/thread.html > > Pois ben, para fechar todos os problemas que tivemos anteriormente, vou > tentar fechar os bugs existentes en Bugzilla, para deixar de carrexar > estes problemas.. > > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=282997 > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=288919 > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=368055 > > O proceso que seguirei será tentar pechalos todos, e procederei despois > a crear un novo rexistro para toda a suite de aplicacións de Mozilla > (Firefox, Thunderbird, SeaMonkey, etc..). Ademais con este novo rexistro > xa definiremos os locales a "gl" como nos suxeriu Axel Hecht en: > > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=368055#c29 > > Ademais, ao tanto de todo isto está o presidente da Fundación Mozilla > Europe (Tristán Nitot), polo que teremos o seu apoio incondicional. > > Esperamos con isto non ter ningún tipo de atranco para dunha vez por > todas conseguir a coordinación oficial con Mozilla.
Eu espero que tampouco haxa máis atrancos. Ata logo, Leandro Regueiro