Olá a todos, 

Quería información acerca dos diccionarios de OOo para galego. 

Están construidos en Hunspell, non?. Quen os desenvolveu? Entendo que 
Mancomún, non?. Non seriades que de producir un paquete para que foran 
instalables e funcionaran en todo o escritorio?

A situación actual nun escritorio Linux é que NON hai diccionarios que 
corrixan en todo o  escrotorio. Existe o diccionario de mínimos en aspell pero 
a última actualización é do 2003, amais como digo non segue a RAG. Os 
diccionaros aportados por Mancomún só serven para o OOo e produtos Mozilla.

 Estando en Hunspell debería haber soporte para os escritorios Gnome e KDE a 
través do motor Enchant. pero parece ser que isto non é así, de momento. 
Enchín un par de bugs en openSuse para que me axudaran/produciran un 
diccionario de escritorio baseado no dic. de OOo. Parece que van a bo ritmo 
pero agradecería calquera información acerca de como modificar eses 
diccionarios que xa están feitos poder xerar un paquete de diccionario.

Moitas Grazas,

Miguel Branco 
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080723/e475922e/attachment.htm
 

Responderlle a