Ola:

Nestes últimos días estivemos arranxando diversos problemas no corrector 
ortográfico Hunspell:
http://wiki.mancomun.org/index.php/Discusi%C3%B3n:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/?root=hunspell-gl

Por agora estes cambios non están aplicados na rama estable do proxecto 
xa que queremos facer un chamamento/campaña de recollida de máis erros 
sobre o corrector para publicar máis adiante unha versión mellorada e 
máis completa, xa de xeito estable.

Polo tanto, animámosvos a que usedes esta rolda de correo para notificar 
os erros que atopedes no corrector e aproximadamente, a mediados de 
xaneiro, recolleremos todos os erros notificados e nos poñeremos mans á 
obra para esa actualización da que vos manteremos informados.

Saúdos e graciñas pola colaboración.

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez                                      Técnico
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113        <fjrial @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : fjrial.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 451 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081219/35d72df1/attachment.vcf
 

Reply via email to