Antón Méixome escribiu:
> damufo escribiu:
>>>
>>> E respecto de ligábel o máis importante é o plural "ligábeis" que se 
>>> acentúa como norma excepcional.
>>>
>>>
>>>     
>> Cal é o por que o desta excepción?
>>
>>   
> 
> A norma xeral di que non se acentúan as palabras graves rematadas en 
> vogal, -n, -s;  tampouco se acentúan as palabras agudas rematadas en 
> ditongo decrecente (ex. comeu, andeis). Segundo iso "ligabeis" non 
> debera acentuarse... porque neste caso segue sendo palabra grave e non 
> remata exactamente nunha vogal senón nun ditongo: li-ga-beis
> 
> Ora ben, o resultado da norma xeral colide co principio funcional da 
> acentuación, que consiste en que se debe "poder saber como se pronuncia 
> calquera palabra aínda que esta se descoñeza previamente". Como 
> expliquei antes, deixando "ligabeis" non se sabe se é aguda ou grave (só 
> se descarta que sexa esdrúxula) e por esa razón, estableceuse unha norma 
> excepcional que consiste directamente en establecer que se acentúen as 
> palabras graves que rematen en ditongo decrecente  <<na última sílaba>> 
> (curiosamente as únicas que existen son os plurais dos adxectivos en 
> -bel, polo que, no fondo é un disfrace dun estraño criterio morfolóxico 
> nun ámbito fonético como a acentuación).
> 
> Francamente, é un malabarismo para "encadrar" o plural dos adxectivos en 
> -bel dentro da norma. En portugués non se dá este problema porque 
> ligábeis é unha palabra esdrúxula e, por tanto, segue a norma xeral: 
> li-gá-be-is. O mesmo que paciência
> 
> Se na normativa do galego se considerasen tamén esdrúxulas, entón non 
> tería sentido acentuar as palabras agudas que rematasen en hiato: día, 
> río, María... porque xa se daría por suposto que serían graves; e 
> ademais, claro, tamén supoñería non respectar a "norma" real dos 
> galegofalantes. A lingua, primeiro é fala, e moi secundariamente escrita.
> 
> Perdoa se resulta unha explicación insufríbel.
para nada, todo o contrario. É unha marabilla contar nesta lista (rolda, 
ou como se chame) con comentarios tan interesantes coma este.
graciñas (esta tamén ma marca como incirrecta)

> 
> Antón
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a