Estupenda noticia.

Eu resolvín o tema do disclaimer fai uns aniños xa, pero desistín por
que a resposta que recibín semellaba máis a dun can defendendo o seu
territorio que a dun voluntario do software libre tentando traballar en
común. Cónstame que non fun o único que desistiu de involucrarse no
proxecto por ise motivo; así que a nova só pode alegrarme. A ver se
desta vai. 

Cómo teño que facer? A última vez que entrei na páxina non había
información ningunha, e o único cambio que había era que en troques dos
históricos (tarrío, susana e tal) estaba Tsao e como vía de contacto a
lista esa da udc que nunca funciona. Algunha ligazón útil en plan rtfm?

Saúdos,

Leandro Regueiro escrebeu:
> Por certo Tsao, vouche buscar a miña tradución da GPL 2 a ver se ainda
> a teño por aquí, en canto remate ca suba dos ficheiros de openSuse que
> me están dando guerra.
> 
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
> 
> 2008/4/21 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> > OK, tamén verei de enviar o translation disclaimer. Terei que ir
> >  preguntar por ai como se fai para enviar un correo fisico, haivos
> >  moitos aniños que non envio ningún :)
> >
> >  Ata logo,
> >                Leandro Regueiro
> >
> >
> >
> >  On Mon, Apr 21, 2008 at 2:24 AM, Francisco J. Tsao Santin
> >  <tsao en members.fsf.org> wrote:
> >  > Ola xente!
> >  >  Preséntome. Son Francisco Tsao, algúns coñecédesme do GPUL. Despois dun
> >  >  breve lapso dunhas semás, e cun cruce de correos con Benno Schulenberg,
> >  >  o equipo galego do Translation Project está a funcionar de novo. Polo de
> >  >  agora estou eu só, coa intención de mante-la tradución do GNU nano, e ir
> >  >  acadando novos paquetes mais adiante.
> >  >
> >  >  Se algún quere unirse o grupo, que o diga por aquí, ou, se xa sabe o
> >  >  procedimento...
> >  >
> >  >  Saúdos,
> >  >  Tsao
> >  >  P.S. Leandro, en canto teña unha resposta para o teu, xa o comento
> >  >  tamén ;-)
> >  >  --
> >  >  Francisco J. Tsao Santín
> >  >  http://tsao.enelparaiso.org
> >  >  1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB
> >  >
> >  >
> >  >  --
> >  >  To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscribe en trasno.net.
> >  >
> >

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Reply via email to