Ola Irene,
benvida ó mundo, e tranquila que aquí somos moi aquelados e portamonos 
moi ben.

Pola miña parte espero ir o sábado, e polo tanto á comida, porque o 
domingo é-me imposibel asistir.

Saudañas e benvida de novo.

Irene Touriño - mancomun.org escribiu:
> Boas a todos,
>
> Perdón por non terme presentado persoalmente con anterioridade, pero debido á 
> miña recente incorporación ao proxecto de Mancomún aínda estou aterrando coma 
> quen di. Son Irene Touriño e, como xa vos adiantou Suso en días anteriores, 
> serei, a partir de agora, a persoa encargada dos temas de comunicación do 
> Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. Eu tamén espero 
> que me tratedes ben e, a poder ser, non só "ao principio" :-).
>
> Ben, unha vez presentada, comezo cos temas máis engorrosos. Na organización 
> do evento g11n asumirei eu os temas de loxística: dietas, desprazamentos... 
> Neste senso preciso que comecedes a concretar datos e que o fagades nun prazo 
> que, obrigatoriamente e sen remedio, terá que ser moi curto.
>
> Deste xeito, é imprescindible que antes do martes 30 de abril teña 
> configuradas as seguintes listas:
>
> * Lista de asistencia ao evento. 
> * Lista de asistencia á comida do sábado.
> * Lista de asistencia á cea do sábado.
>
> Ter un número aproximado das persoas que asistirán a cada un destes actos é 
> moi importante para poder realizar as reservas necesarias, así que vos 
> rogaría contestasedes na maior brevidade posible. Non obstante, e dada a 
> complexidade de decidir a axenda persoal dun fin de semana nun prazo de tempo 
> tan breve, ofrezo a seguinte posibilidades aos que teñades dúbidas (espero 
> que sexan a minoría): confirmades asistencia cunha anotación e o día 5, ao 
> máis tardar, me respondedes definitivamente. Quedo, daquela, pendente das 
> vosas confirmacións-semiconfirmacións antes do vindeiro mércores.
>
> Un saúdo, Irene Touriño 
>  
>
>   

-- 
Paco Dieguez
Linux User #409880
Chave GPG: A2A4F9B8 en keyserver.rediris.com
www.mabishu.com



Reply via email to