Boas.

Porque instalar o Firefox en inglés. Non o entendo. Desde aquí pódese
descargar en galego, tanto a versión 4.0.1 como a seguinte versión, a 5, que
sería Mozilla Aurora.

Supoño que se instalaches a versión en inglés terás que modificar as
propiedades para que che colla o idioma en galego ou instalar un complemento
que cho permita. Se existen incompatibilidades entre o paquete de idioma que
estabas utilizando e a seguinte versión terás que baixar un novo .xpi de
idioma pero para esa versión. A min nunca me diu problemas, co que se fas
isto deberíache funcionar.

XPI de galego para Linux:
http://releases.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/releases/4.0.1/linux-i686/xpi/gl.xpi

XPI de galego para Windows:
http://releases.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/releases/4.0.1/win32/xpi/gl.xpi

Se precisades para Mac OS X ou a versión de Linux de 64 bits e non atopades,
avisádeme.

Un saúdo.

2011/5/4 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>

> Ola xente, teño no choio instalado o firefox en inglés e metinlle o paquete
> de galego.
>
> Hai uns días entroume a actualización 4.0.1 e desactivouse o paquete de
> galego, porque di que non é compatíbel coa versión.
>
> Como xa pasaron uns días e segue sen actualizarse o paquete, coméntoo por
> se ninguén se decatou do asunto.
>
> (a próxima vez direino antes[?][?])
>
> Saúdos
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110504/8d040a3d/attachment.html>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: non dispoñíbel
Type: image/gif
Size: 540 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110504/8d040a3d/attachment.gif>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: non dispoñíbel
Type: image/gif
Size: 362 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110504/8d040a3d/attachment-0001.gif>

Responderlle a