Ola, envíovos un erro na tradución do firefox: 1.Mentres no menú ficheiro aparece a opción 'Traballar sen conexion' hai unha mensaxe que remite a esta opción onde aparece como 'Traballar sen liña'.
2.Tamén aparece nunha mensaxe a palabra 'Vergonzante' que como usuario renxeume un pouco. É unha mensaxe de desculpa por terse apagado inesperadamente o navegador, e a verdade, esta palabra persoalmente paréceme un pouco excesiva, ademais de non aparecer nin no Volga, Digalego, e-Estraviz, aínda que aparece no Dicionario Ir Indo. Saúdos
