Acabo de atopar algo moi importante sobre composición e sufixación que está
dispoñible desde a versión 6.0 de LibreOffice

https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/6.0#.E2.80.9CGrammar_By.E2.80.9D_spell_checking

Entendo o truco de Lazslo pero non sei en que medida isto funcionará para
outras aplicacións que utilicen o hunspell






O 22:34 do 15 de marzo de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net>
escribiu:

>
>
> O 16:39 do 15 de marzo de 2018, xosecalvo <xoseca...@gmail.com> escribiu:
>
>>
>>
>>
>>
>>
>> -------- Mensaxe orixinal --------
>>
>> - o máis cómodo para axudar cos aspectos léxicos é comentalos pola lista
>> xeral con esa etiqueta. Logo, os que estamos no desenvolvemento imos
>> metendo novidades no Github. A idea é procurar non dispersar a "conversa
>> relevante" que queremos mantela na lista de Trasno.
>>
>>
>> 1) Cando alguén me pregunta "Mira, como é que non está esta palabra?"
>> penso no útil que sería poderlle dicir "Vai a esta páxina e suxire que a
>> incorporen". Non estaría ben ofrecer un formulario así nalgunha páxina de
>> trasno.gal?
>>
>
>
> Iso xa existe
>
> http://trasno.gal/corrector-de-galego-hunspell/
>
> E tamén isto
>
> http://wiki.trasno.gal/Coordinaci%C3%B3n_do_desenvolvemento_do_corrector_
> Hunspell_de_galego
>
> pero paréceme ben, vou integrar un formulario web para facer suxestións aí
> mesmo, porque tamén o había no antigo blog de openoffice
>
> http://trasno.gal/2013/10/11/contactar-cos-desenvolvedores/
>
> E, ademais estaba o simple envío dun comentario na web, que agora temos
> desactivado por minimizar carga de xestión do spam.
>
> O que nós tiñamos que ter era algo como isto: http://sli.uvigo.gal/
> corrector/
> e engadir ao lado o formulario de suxestións; pero eu non son programador
> e creo que non está ao meu alcance montalo.
>
>
> Máis ben o que temos é que reconducir as cousas porque entendo o lío e
> atender á evolución e do corrector. O dos correctores hunspell é unha
> grande loucura: o de inglés faino un portugués, o de portugués principal un
> brasileiro, o de español (cos seus 500 millóns de falantes e centos de
> institucións lingüísticas e universidades, faino o traductor de
> LibreOffice, que é o único tradutor, ademais, etc, etc)
>
>
>
>>
>>
>> Por certo, alguén sabe de que vai isto:
>>
>>
>> https://github.com/elastic/hunspell/tree/master/dicts/gl
>>
>>
>> 2) O inglés dese texto non está moi aquelado.
>>
>> 3) Que hai da corrección gramatical e dos sinónimos?
>>
>
> O de sinónimos estábao facendo eu pero logo chegou a Xunta e pagoulle á
> Uvigo para facer unha versión potente e deixeino, aproximadamente.
>
>  <span>Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões 
> (2014):                <i>Dicionario de sinónimos do galego</i>. Vigo: Área 
> de Normalización Lingüística, Universidade de Vigo.</span>            
> <small>Versión 0.10_300714: 27.069 entradas, 44.810 acepcións, 202.689 
> sinónimos.</small>            <small>Edita a Área de Normalización 
> Lingüística da Universidade a través do Convenio de Colaboración en materia 
> de normalización lingüística entre a Universidade de Vigo e a Consellería de 
> Educación da Xunta de Galicia.</small>            <small>Esta obra 
> distribúese con <a href="http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/"; 
> target="_blank">Licenza Creative Commons Attribution 3.0</a></small>          
>   <small>Deseño e desenvolvemento web/app: <a 
> href="http://acuarelacomunicacion.wordpress.com/"; target="_blank">Acuarela 
> Comunicación sll</a> / <a href="http://www.ayco.net/"; target="_blank">Ayco 
> Internet</a></small>            <small>Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé 
> María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997):                
> <i>Diccionario de sinónimos da lingua galega</i>. Vigo: Galaxia.
>
> Poderiamos recuperar o noso, si, porque dese non sei como extraer os datos
> para integralo. Aí hai traballo para un hacker xeitoso.
>
>
> O gramatical e de estilo, apenas o tiña comezado pero sobreveu unha guerra
> de dúas tecnoloxías e parei ata ver con cal delas conviña seguir:
>
> (con Java) https://community.languagetool.org/rule/list?lang=gl
>
> e outra que estaba desenvolvendo Lazlo Nemeth, o mesmo de hunspell que
> agora non atopo e que ía en C ou algo así
> :-)
>
>
>
>
> Antón
>
>
>>
>> Xosé
>>
>>
>>
>>
>> O 18:09 do 14 de marzo de 2018, Xosé <xoseca...@gmail.com> escribiu:
>>
>>> Ben. Para min o corrector é importantísimo, máis que o software, se
>>> cabe: Se nunha interface hai algo sen traducir ninguén se estraña; a fin de
>>> contas estamos afeitos desde hai décadas. Pero que na liña anterior me
>>> sinalase como erro "importantísimo" paréceme preocupante. Por unha parte
>>> parece que no software libre nada é de calidade e, por outra parte,
>>> desprestixia o galego, porque non parece un idioma "tecnolóxico" ao carecer
>>> de ferramentas fiábeis deste tipo.
>>>
>>> A noticia que citei non era para que se aproveitasen eses termos. O
>>> certo é que se están a incorporar termos continuamente, sen que
>>> necesariamente se lles dea tanta publicidade. O problema é que penso que
>>> carecemos dun mecanismo para ilos incorporando nós.
>>>
>>> Antón, por que non propós un plan de actualización e mantemento? Súmome
>>> eu xa agora e, seguro que máis persoas.
>>>
>>> Xosé
>>>
>>> O 00:34 do 14 de marzo de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>> escribiu:
>>>
>>>> Parada, Xosé
>>>>
>>>>
>>>> Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha
>>>> idea que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo
>>>> que non chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En
>>>> fin, hai 5 anos diso... incrible.
>>>>
>>>> De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar
>>>> aquelas dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese
>>>> levar como se queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle
>>>> pareza, e calquera pode contribuír porque esta en GitHub
>>>>
>>>> Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada
>>>> cada ano e producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como
>>>> sospeitoso de obsoleto, que non o é.
>>>>
>>>> Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e
>>>> necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as
>>>> palabras prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer,
>>>> antepoñer, etc.) Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra,
>>>> cando menos dos cento e pico prefixos máis habituais. Hunspell non os
>>>> recoñecía.
>>>>
>>>> pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao
>>>> galego e facelo...
>>>>
>>>> O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa
>>>> metidos. Desde logo non son novidade nas nosas traducións de software.
>>>>
>>>> Antón
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> 2018-03-13 23:54 GMT+01:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>>>>
>>>>> http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/
>>>>>
>>>>> Como vai a actualización dos dicionarios para os correctores?
>>>>>
>>>>> Xosé
>>>>>
>>>>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
>>>>> proxecto@trasno.gal
>>>>>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
>>>>> Trasno
>>>>> - Desubscribirse  no URL: 
>>>>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403
>>>>>
>>>>>
>>>>
>>>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
>>>> proxecto@trasno.gal
>>>>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
>>>> Trasno
>>>> - Desubscribirse  no URL: 
>>>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=b350990a9f8e105ea1f6de93fc810cb2683e4f5e&sa=1564119621
>>>>
>>>>
>>>
>>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>>>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>>> - Desubscribirse  no URL: 
>>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1095&h=1da5a1d27fd385cab27c6c925e4f492003e6824d&sa=1778897367
>>>
>>>
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>> - Desubscribirse  no URL: 
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1118&h=9460569ba2a43234d8203b5cd67b7dc0e3f27061&sa=1876386020
>>
>>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Desubscribirse  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1127&h=fecea7cb9b171f81aab727ae23e0b45d83617760&sa=730700527
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1129&h=03ba3cf2175b5ab54800f521b878639d75e7e156&sa=2077119774

Reply via email to