Boas:

Quería saber como traduciriades Bounce keys?
Isto está na parte de accesibilidade, trátase de evitar pulsacións non 
desexadas de teclas e o que fai é impoñer un tempo entre pulsacións.
Polo que entendo é unha función Anti-re-pulsación de teclas

Aproveitando a memoria que forneceu Fran, polo que vin en Gnome está 
como «Rexeite de teclas» e tamén como «Teclas de rebote».
Sobre /rexeite/, non teño claro que sexa correcto seu uso, no dicionario 
non aparece pero si /rexeitamento/.

Como traducilo?
Rexeitamento de teclas
Rebote de teclas
outra?

Sobre «Rebote» de teclas que ten varias vantaxes unha e que é mais curta 
que rexeitamento e outra que se pode empregar o b como atallo igual que 
bounce

Algunha outra suxestión?

Bótase de menos open-trans.eu para consultar doadamente como traduciron 
outros proxectos.

-- 
Dani




- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1297&h=84a7ca14b4aaf2bc6cfae1c7d6ec200d5ffcbf55&sa=927184066

Responderlle a