Reabro este fío

Referido a parar temporalmente unha reproducción.

Sobre «pause» como verbo, que vos parece:
Interromper?

Interromper, na definición o RAG menciona de xeito expreso a 
posibilidade de ser algo temporal («por un momento») cousa que non ten 
nin deter nin parar.

Referido á reprodución de medios (musica/ vídeo) comento estes termos 
relacionados,
Vedes algún problema con estas escollas?
pause (substantivo): interrupción/pausa (se se prefire o neoloxismo)
resume (verbo): retomar (tal como se apuntou)
play (verbo): reproducir?
stop (verbo): deter
media (referido a recursos tipo vídeo, son, imaxe, texto): multimedia 
(isto está no RAG)
mute (verbo): enmudecer
unmute (verbo): desenmudeder
muted (acción): enmudecido


Enmudecer refírese a persoa máis poida que haxa algunha opción mellor.

Dani

O 19/11/13 ás 00:05, Antón Méixome escribiu:
> 2013/11/18 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> 2013/11/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> Sería aceptable?
>>>
>>> Stop = Parar
>>> Pause = Deter
>>>
>>> O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas
>>> accións distintas e que estan en todos os trebellos
>> Eu emprego (xa que non hai ningún acordo):
>>
>> «stop» = «deter»
>> «pause» = «pausar»
>>
>>
>> O que máis me sorprende é que se miras
>> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter
>> case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na
>> páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as
>> acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están
>> todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo
>> «parar».
>>
> Precisamente ese é o problema.
> Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe
> técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que
> buscala nós especializando as formas por iso  «pausar» non me parece
> unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se
> usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un
> calco do inglés.
>
> Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
> que con bastante éxito como «retomar»
>
> Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar
>
> Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de
> avance dunha reprodución
>
> Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar....
>
> E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución
>
> Abrir - Pechar - Retirar - Engadir
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> proxe...@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6385&h=4494610d1f81f97fb5be8292e5fb6b5a7437dc56&sa=281170035




powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a