Para «resume», creo que «continuar» pode ser unha escolla lixeiramente mellor 
que «retomar» (acaer mellor en máis contextos). Igual habería que permitir as 
dúas, ou explicitar en que contextos usar unha ou outra.

Sobre a familia «mute», creo que resumiches ben a situación, non teño 
argumentos a favor dunha ou doutra opción. E o resto de escollas parécenme ben.

O martes, 21 de maio de 2019 17:09:04 CEST Dani escribiu:
> Boas:
> 
> Iso que comentas de que interromper está na definición de pause tamén o 
> vira. Vale, tomo nota de que é unha boa opción.
> 
> Polo que vexo silenciar o dicionario tamén o refire a persoas e non a 
> dispositivos igual que enmudecer polo que, sen máis datos, aparte de que 
> é o que usa Microsoft non vexo vantaxe para o seu uso.
> 
> En Gnome polo que vin empregase tanto silenciar como enmudecer
> No Kde, silenciar/desilenciar
> No Xfce, silenciar e enmudecer
> 
> Resumindo:
> muted (indica estado con son): silenciado/sen son/enmudecido
> unmuted (indica estado con son): desilenciado/con son/desenmudecido
> mute (verbo): silenciar/desactivar son/ enmudecer
> unmute(verbo): desinlenciar/activar son/desenmudecer
> 
> 
> Opinións?
> 
> A ver se alguén máis se anima a participar e achegar máis puntos de 
> vista/opcións/razoamentos para empregar determinada forma.
> 
> 
> 
> 
> Dani
> 
> O 21/05/19 ás 13:24, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE escribiu:
> > Ola,
> >
> > "Interromper" paréceme unha boa opción polas razóns que achegas, e ademais 
> > por outras dúas:
> > - permite xerar a partir del un substantivo aceptable (interrupción)
> > - o propio DRAG usa "interrupción" na definición de "pausa" para explicar o 
> > seu significado.
> >
> > En relación cos outros termos que indicas, só me xera dúbidas a familia 
> > "mute" / "unmute" / "muted".
> >
> > Na Colección de Terminoloxía de Microsoft 
> > (https://www.microsoft.com/es-es/language) recoméndase:
> > - "desactivar son", "silenciar" ou "sen son" para "mute" (To eliminate or 
> > temporarily suppress the sound produced by a device, such as a computer or 
> > digital media device. A device in such a state has a volume level of zero.)
> > - "activar son" ou "con son" para "unmute" (To enable your sound or another 
> > participants' sound during a call.)
> >
> > Non sería mellor elixir algún destes co fin de ir asentando denominacións 
> > máis ou menos únicas para os distintos conceptos e evitar a multiplicación 
> > de sinónimos?
> >
> > Xusto
> >
> > -----Mensaxe orixinal-----
> > De: proxecto@trasno.gal [mailto:proxecto@trasno.gal] En nome de Dani
> > Enviado: luns, 20 de maio de 2019 16:38
> > Para: Lista de correo de Proxecto Trasno
> > Asunto: Re: [terminoloxia] stop - pause
> >
> > Reabro este fío
> >
> > Referido a parar temporalmente unha reproducción.
> >
> > Sobre «pause» como verbo, que vos parece:
> > Interromper?
> >
> > Interromper, na definición o RAG menciona de xeito expreso a
> > posibilidade de ser algo temporal («por un momento») cousa que non ten
> > nin deter nin parar.
> >
> > Referido á reprodución de medios (musica/ vídeo) comento estes termos
> > relacionados,
> > Vedes algún problema con estas escollas?
> > pause (substantivo): interrupción/pausa (se se prefire o neoloxismo)
> > resume (verbo): retomar (tal como se apuntou)
> > play (verbo): reproducir?
> > stop (verbo): deter
> > media (referido a recursos tipo vídeo, son, imaxe, texto): multimedia
> > (isto está no RAG)
> > mute (verbo): enmudecer
> > unmute (verbo): desenmudeder
> > muted (acción): enmudecido
> >
> >
> > Enmudecer refírese a persoa máis poida que haxa algunha opción mellor.
> >
> > Dani
> >
> > O 19/11/13 ás 00:05, Antón Méixome escribiu:
> >> 2013/11/18 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> >>> 2013/11/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>>> Sería aceptable?
> >>>>
> >>>> Stop = Parar
> >>>> Pause = Deter
> >>>>
> >>>> O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas
> >>>> accións distintas e que estan en todos os trebellos
> >>> Eu emprego (xa que non hai ningún acordo):
> >>>
> >>> «stop» = «deter»
> >>> «pause» = «pausar»
> >>>
> >>>
> >>> O que máis me sorprende é que se miras
> >>> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter
> >>> case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na
> >>> páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as
> >>> acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están
> >>> todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo
> >>> «parar».
> >>>
> >> Precisamente ese é o problema.
> >> Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe
> >> técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que
> >> buscala nós especializando as formas por iso  «pausar» non me parece
> >> unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se
> >> usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un
> >> calco do inglés.
> >>
> >> Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
> >> que con bastante éxito como «retomar»
> >>
> >> Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar
> >>
> >> Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de
> >> avance dunha reprodución
> >>
> >> Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar....
> >>
> >> E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución
> >>
> >> Abrir - Pechar - Retirar - Engadir
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> proxe...@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> >
> >   
> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6385&h=4494610d1f81f97fb5be8292e5fb6b5a7437dc56&sa=281170035
> >
> >
> >
> >
> > powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, 
> > more information: https://wpmailster.com
> >
> >
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> > - Cancelar a subscrición no URL : 
> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6707&h=e9dc1eb9b559b427bc81435cb29f96025ae6c3a4&sa=1387677645
> >
> >
> 
> 
> 
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6711&h=cd307ce3def6b5ca517080fb927f9f075e3ea310&sa=1724767615
> 
> 





- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6714&h=e8f6bd55066083f68c73af4c2d54af922f46cd79&sa=909445061

Responderlle a