Boas: Polo que entendo «censurar», implica suprimir, sería máis como retirar o texto a protexer. A funcionalidade que comentas o que fai é tapar, enmascarar, velar, de estas tres por significado poida que tapar se axuste máis. En canto ó obxectivo podería ser para encubrir, protexer, resgardar, preservar
A definición do RAG en canto a censurar penso que é mellorable, xa qu a definición refírese a «unha parte» e no exemplo refírese a libros. Neses casos entendo que a parte censurada é retirada do texto, mais «redact» entendo que o que fai é poñer algo diante para que non se vexa o de detrás que é o que se está a protexer. Dani O 22/05/19 ás 00:46, Xosé escribiu: > Acaba de aparecer a funcionalide de «redact» documentos en LibreOffice, > que consiste en ocultar determinado texto para protexer a privacidade > (nomes, enderezos, etc.). > > Provisionalmente traducino como «velar». Adolfo Jayme Barrientos propón > «censurar», mais o sentido que isto ten paréceme distinto. > > Opinións ou mantéñoo? > > Xosé > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6745&h=af6a11d2c477b998c4b2a4f04f764eb861f7f0f6&sa=196909359 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6772&h=8a0c97ef9bc28298f79231d4fc02b2fad86158f0&sa=1692369232