Boas: Sobre «abort» traducido como «interromper».
En primeiro lugar dicir que xa sei que está fixada máis ó meu entender non é correcta a solución. Se entendemos abort como deter un proceso (sen posibilidade de continuar) «interromper» diría que non é unha boa solución, precisamente pola posibilidade de pausa («por un momento»). Na definición do glosario para «abort» pon: «To terminate a process prior to completion.» Vendo as traducións aquí: https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&searchTerm=abort&langID=346&Source=true&productid=undefined Temos que para o: galego: anular a nivel de SO pero en todo o resto de aplicativos a tradución é abortar portugués Portugal: abortar portugués Brasil: anular español: anular catalá: abandonar francés: abandonar En Gnome úsase tanto interromper como abortar. En kde úsase: cancelar, abortar e en menor medida interrupción Xfce: Abortar e en menor medida interromper Vendo as definicións no dicionario, na miña opinión, *abortar* diría que é a que ten unha definición que máis se axeita á susodita definición que se da no glosario: «To terminate a process prior to completion.» Ver definición en: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/abortar Poño un caso real (Gnome) é como está actualmente: msgid "Abort printing" msgstr "Abortar impresión" Non é o mesmo "Abortar impresión" que "Interromper impresión" Como mínimo xera confusión. Ver primeira acepción de «interromper» https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/interromper «Facer que cese [algo] *por un momento* ou definitivamente.» Por todo o comentado propoño mudar a actual escolla para «abort» «To terminate a process prior to completion.» por «abortar» ou calquera outra que non xere confusión. Opinións? -- Dani - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6813&h=8b749aef1082ed4ec8fa3325826085e74e6820f8&sa=1357017441