Igual algo como 
http://docs.translatehouse.org/projects/translate-toolkit/en/latest/commands/php2po.html
 
te pode valer

O ideal sería que o código PHP estivese internacionalizado en 
condicións, por exemplo con 
https://www.php.net/manual/en/book.gettext.php, o que pon a carga de 
xerar os ficheiros PO e cargalos nos desenvolvedores, e os tradutores só 
teñen que adicarse a traducilos.

On 2019-11-07 14:56, Martiño wrote:

> Bo día.
> Quería consultar se existe algún programa do estilo poEdit para 
> traducir ficheiros PHP, que se puidese editar o ficheiro e logo, cando 
> haxa unha actualización, poder comparar o novo en inglés co traducido 
> ao galego (e o de ter a función de glosario xa sería moito mellor). 
> Actualmente emprego o Notepad++ e un engadido para comparar ficheiros, 
> pero ás veces é un caos (cando hai moitas cadeas), xa que sinala todas 
> as liñas traducidas como diferentes e non só as que engaden novas (ou 
> non configurei ben o engadido).
> Grazas.
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6895&h=c138966b5d961a5260b903a730d03361fda2e4f3&sa=1968474254

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6907&h=ac36e692fb7e298fae7ac7ec8d63f38a534b5af3&sa=1241027566

Reply via email to